A esquerda gaña nas cidades galegas

Vigo é a cidade que máis apoio deu aos partidos de esquerda e AGE convértese na segunda forza política en Santiago e A Coruña. PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás elección do ano 2009. A suma de votos de PSdeG, AGE e BNG supera nas sete cidades ao PP, que sustenta a súa maioría absoluta no voto do rural.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As sete principais cidades galegas votaron este domingo maioritariamente opcións de esquerda. O PP non conseguiu gañar máis votos que PSdeG, AGE e BNG xuntos en ningunha das grandes urbes do país e sustentou a súa maioría absoluta no voto do rural galego.

Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes

PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás eleccións de 2009 pola alta pocentaxe de abstención e a irrupción de AGE.

Datos co 100% dos votos escrutados agás en Ourense, co 97,96%.

Vigo, bastión da esquerda

A maior cidade de Galicia é principal bastión da esquerda no país. Na cidade olívica, PSdeG (35.789), AGE (28.441) e BNG (14.169) sumaron 78.399 votos, fronte aos 49.952 do PP.

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

Os populares e socialistas perderon, cada un, preto de 17.000 votos respecto ás eleccións do ano 2009; mentres que a caída do BNG foi de preto de 14.000 sufraxios.

A coalición liderada por Beiras acadou na cidade olívica o 14% do total de votos que recibiu nestas eleccións.

AGE, segunda forza en Compostela e A Coruña

Alternativa Galega de Esquerda converteuse na segunda forza política na capital de Galicia, onde obtivo 11.151 votos, a metade que o PP, 2.738 máis que o PSdeG e 6.815 máis que o BNG.

As tres forzas de esquerda suman 1.126 votos máis que o PP.

Na Coruña, AGE tamén superou a PSdeG e BNG, partidos cos que suma máis de 10.000 votos dos que acadou o PP.

O BNG mantense forte en Pontevedra

A única cidade na que o BNG non perdeu votos foi Pontevedra, feudo dos nacionalistas, onde gañaron 89 votos, mentres que o PP perdeu 4.715. Grazas a isto e á caída estrepitosa do PSdeG (-6.400 votos) prodúcese un empate técnico entre nacionalistas e socialistas, só separados por 58 votos.

A suma de PSdeG, BNG e AGE supera en 5.071 votos ao PP.

PSdeG e AGE empatan en Ferrol e suman os mesmos votos que o PP

En Ferrol, PP, PSdeG e BNG tamén perderon apoios. Os socialistas (7.014 votos) só gañaron por un a AGE (7.013) e ambas as dúas forzas suman practicamente o mesmo número de votos que o PP (14.419).

O BNG só puido acadar 2.793 apoios, fronte aos 4.398 do ano 2009.

Empate en Lugo e voto de esquerdas en Ourense

Nas cidades de Lugo e Ourense as alternativas de esquerda tamén superaron en votos totais ao PP.  

Na cidade lucense hai un empate técnico, se ben a nova oposición parlamentaria de esquerdas suma só 302 votos máis que o PP.

En Ourense as tres forzas progresistas con representación parlamentaria suman 24.383 votos, 3.225 máis que o PP.

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

26 Comunista

Eu que nin me lembro cando foi a última vez que votei, e que rexeito totalmente a farsa das eleccións burguesas, e non quero participar neses circo, ben habitualmente chamanme, coma onte, para ir de presidente, vocal ou suplente. Traballo ben forte pola semana e preciso os fins de semana para descansar i estar coa familia. Preguntome: por qué non chaman a paradas ou necesiados que vontariamente se ofrezan? Serían uns ingresos que a algúns verianlles moi ben.

1 Comunista da UPG

Pois si

25 Castelao Bóveda.

A PERICO A CNT pediu a abstención nas eleccións que gañou Lerroux e Cedade. Despois rectificou coa "Frente Popular" pero xa foi tarde. A absteción da mocidade é un problema vital en Galiza.

1 Perico Pallotti

Como che decía antes, non ten nada de particular que a CNT non pida aos seus afiliados que voten, xa que non está de acordo co sistema de partidos. As eleccións do 36 foron unha excepción polo problema dos presos. Nese sentido, tampouco é raro que a mocidade non se sinta representada por ese mesmo sistema "partitocrático". Saúde.

24 Ricardo Reis

Hai algo patolóxico na politoloxía galega: "É de esquerdas todo aquel que está contra o PP". Foi a estratexia política dun indixente intelectual chamado Zapatero (que por o que se vai vendo esnaquizará o PSOE) cando co Tinell pretendeu trazar un "cordón sanitario" a redor dun PP franquista, que prendeu en Galicia ata extremos inimaxinables. E a cousa sigue: frente a unha dereita que cada vez se escora máis cara o centro político e recolle cabos do galeguismo conservador, UN CIRCO. A necedade de toda esta política para adolescentes é que lle concedes o oponente a mitade do terreo de xogo co primeiro pitido. Haberá algo máis derrotista que ¡Todos contra Feijoo!

1 Luis

Concordo absolutamente!

2 Luis

Concordo absolutamente!

23 xaab

En fin, o artigo é o clásico do "quen non se consola é porqué non quere". Aquí pasou o que pasou, é o peor de todo é que o máis probable dentro de catro anos voltará a pasar!!. Antes tiñamos un goberno na dereita extrema (e galegofoba) e agora temos ademáis unha oposición dominada por comunistas (UPG, Anova e EU), en fin ... unha anomalía en Europa.

1 Marianito

Para moderados xa temos aos do PSOE, pero son tan moderados que, na práctica, son case imposible distinguir dos do PP. E claro, postos a votar por unha política de dereitas, cómplice dos bancos e do pelotazo inmobiliario, a xente vota aos orixinais, os do PP, non a unha mera copia do capitalismo salvaxe que é o PSOE. Rechace imitaciones.

22 Pontona da U/Tareixa da CIGA

Ao meu plin. Eu collín poltrona. Xa teño 4.500-6.000 euros/mes netos para outros catro anos.

1 Bloqueiro

Ti o que tes é envexa, senon non entendo a teima que tes con iso. Están alí porque as votamos nós. Ti quédate co teu apóstolo e que cobre por chegar tarde aqo parlamento...se vai e non queda a durmir.

2 Xelo

Agora entenderedes por qué Aymerich non quixo ir de número 3 pola Coruña