A esquerda gaña nas cidades galegas

Vigo é a cidade que máis apoio deu aos partidos de esquerda e AGE convértese na segunda forza política en Santiago e A Coruña. PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás elección do ano 2009. A suma de votos de PSdeG, AGE e BNG supera nas sete cidades ao PP, que sustenta a súa maioría absoluta no voto do rural.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As sete principais cidades galegas votaron este domingo maioritariamente opcións de esquerda. O PP non conseguiu gañar máis votos que PSdeG, AGE e BNG xuntos en ningunha das grandes urbes do país e sustentou a súa maioría absoluta no voto do rural galego.

Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes

PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás eleccións de 2009 pola alta pocentaxe de abstención e a irrupción de AGE.

Datos co 100% dos votos escrutados agás en Ourense, co 97,96%.

Vigo, bastión da esquerda

A maior cidade de Galicia é principal bastión da esquerda no país. Na cidade olívica, PSdeG (35.789), AGE (28.441) e BNG (14.169) sumaron 78.399 votos, fronte aos 49.952 do PP.

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

Os populares e socialistas perderon, cada un, preto de 17.000 votos respecto ás eleccións do ano 2009; mentres que a caída do BNG foi de preto de 14.000 sufraxios.

A coalición liderada por Beiras acadou na cidade olívica o 14% do total de votos que recibiu nestas eleccións.

AGE, segunda forza en Compostela e A Coruña

Alternativa Galega de Esquerda converteuse na segunda forza política na capital de Galicia, onde obtivo 11.151 votos, a metade que o PP, 2.738 máis que o PSdeG e 6.815 máis que o BNG.

As tres forzas de esquerda suman 1.126 votos máis que o PP.

Na Coruña, AGE tamén superou a PSdeG e BNG, partidos cos que suma máis de 10.000 votos dos que acadou o PP.

O BNG mantense forte en Pontevedra

A única cidade na que o BNG non perdeu votos foi Pontevedra, feudo dos nacionalistas, onde gañaron 89 votos, mentres que o PP perdeu 4.715. Grazas a isto e á caída estrepitosa do PSdeG (-6.400 votos) prodúcese un empate técnico entre nacionalistas e socialistas, só separados por 58 votos.

A suma de PSdeG, BNG e AGE supera en 5.071 votos ao PP.

PSdeG e AGE empatan en Ferrol e suman os mesmos votos que o PP

En Ferrol, PP, PSdeG e BNG tamén perderon apoios. Os socialistas (7.014 votos) só gañaron por un a AGE (7.013) e ambas as dúas forzas suman practicamente o mesmo número de votos que o PP (14.419).

O BNG só puido acadar 2.793 apoios, fronte aos 4.398 do ano 2009.

Empate en Lugo e voto de esquerdas en Ourense

Nas cidades de Lugo e Ourense as alternativas de esquerda tamén superaron en votos totais ao PP.  

Na cidade lucense hai un empate técnico, se ben a nova oposición parlamentaria de esquerdas suma só 302 votos máis que o PP.

En Ourense as tres forzas progresistas con representación parlamentaria suman 24.383 votos, 3.225 máis que o PP.

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

16 Castelao e Bóveda

Por certo, ollo ao can, os rapaces de AGE no Morrazo estiveron sós, buscándose a vida para facer campaña e pegadas, e o "Abalito" pasou deles. Que se sepa en AGE, que aquí sabemos como traballa este político "incombustible", que sempre sae elexido e os demais quedan polo camiño. Rapaces iludosos, traballade por Galiza, pola esquerda, qpero coidado con estes "profesionais da política", que rematan convertindo as plataformas en "huestes" ao seu servizo e facéndolle o xogo á dereita. Eu votei AGE, pero estou farto de que o "incombustible" sexa tan ben tratado polo poder da dereita e os que dan o peito quedan esnaquizados polo camiño."Chove sobre mollado".

15 Castelao e Bóveda

14 Castelao e Bóveda

13 lupe

vieiras como din por eiqui maldito traidor, canto che pagou o pp para facer a traizon que fixeches a patria???

1 Lupega

O fixo gratis, non cobrou ren; pero non foi el quen vos quitou os votos, eso e cousa vosa por atender ao mandato do califa Rodriguez. Vai malleira que leváchedes deberades tomar cama pois é un perigo andar de pe.

2 LoisGZ

Sonou a corneta! Instrumento desafinado e falto de gusto. Seguide así upegallos, outra especie en estinción como os urogallos

12 Ontoria

Los anacronismos de la Ley Electoral deforman la realidad, la única verdad pulsando la voluntad electoral es que lo habitantes de la comarca de Ferroterra decidieron mayoritariamente vivir en Territorio Progresista, 36051 optaron por apoyar a fuerzas políticas de izquierdas contra los 29808 que lo hicieron por el grupo conservador. A ver si los lideres toman razón de sinergia y deciden instaurar el frente popular para legitimar institucionalmente la mayoría lograda en las urnas. Los derechos fundamentales deben priman sobre romanticismo maximalistas.

1 LoisGZ

Non foi ese o chamado que fixemos dende ANOVA?