A esquerda gaña nas cidades galegas

Vigo é a cidade que máis apoio deu aos partidos de esquerda e AGE convértese na segunda forza política en Santiago e A Coruña. PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás elección do ano 2009. A suma de votos de PSdeG, AGE e BNG supera nas sete cidades ao PP, que sustenta a súa maioría absoluta no voto do rural.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As sete principais cidades galegas votaron este domingo maioritariamente opcións de esquerda. O PP non conseguiu gañar máis votos que PSdeG, AGE e BNG xuntos en ningunha das grandes urbes do país e sustentou a súa maioría absoluta no voto do rural galego.

Manifestación na Coruña contra os recortes
Manifestación na Coruña contra os recortes

PP, PSdeG e BNG perden apoios respecto ás eleccións de 2009 pola alta pocentaxe de abstención e a irrupción de AGE.

Datos co 100% dos votos escrutados agás en Ourense, co 97,96%.

Vigo, bastión da esquerda

A maior cidade de Galicia é principal bastión da esquerda no país. Na cidade olívica, PSdeG (35.789), AGE (28.441) e BNG (14.169) sumaron 78.399 votos, fronte aos 49.952 do PP.

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

Os populares e socialistas perderon, cada un, preto de 17.000 votos respecto ás eleccións do ano 2009; mentres que a caída do BNG foi de preto de 14.000 sufraxios.

A coalición liderada por Beiras acadou na cidade olívica o 14% do total de votos que recibiu nestas eleccións.

AGE, segunda forza en Compostela e A Coruña

Alternativa Galega de Esquerda converteuse na segunda forza política na capital de Galicia, onde obtivo 11.151 votos, a metade que o PP, 2.738 máis que o PSdeG e 6.815 máis que o BNG.

As tres forzas de esquerda suman 1.126 votos máis que o PP.

Na Coruña, AGE tamén superou a PSdeG e BNG, partidos cos que suma máis de 10.000 votos dos que acadou o PP.

O BNG mantense forte en Pontevedra

A única cidade na que o BNG non perdeu votos foi Pontevedra, feudo dos nacionalistas, onde gañaron 89 votos, mentres que o PP perdeu 4.715. Grazas a isto e á caída estrepitosa do PSdeG (-6.400 votos) prodúcese un empate técnico entre nacionalistas e socialistas, só separados por 58 votos.

A suma de PSdeG, BNG e AGE supera en 5.071 votos ao PP.

PSdeG e AGE empatan en Ferrol e suman os mesmos votos que o PP

En Ferrol, PP, PSdeG e BNG tamén perderon apoios. Os socialistas (7.014 votos) só gañaron por un a AGE (7.013) e ambas as dúas forzas suman practicamente o mesmo número de votos que o PP (14.419).

O BNG só puido acadar 2.793 apoios, fronte aos 4.398 do ano 2009.

Empate en Lugo e voto de esquerdas en Ourense

Nas cidades de Lugo e Ourense as alternativas de esquerda tamén superaron en votos totais ao PP.  

Na cidade lucense hai un empate técnico, se ben a nova oposición parlamentaria de esquerdas suma só 302 votos máis que o PP.

En Ourense as tres forzas progresistas con representación parlamentaria suman 24.383 votos, 3.225 máis que o PP.

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo
Pachi Vázquez e Abel Caballero nun acto en Vigo | Fonte: PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

21 Alber

No concello de Porto do Son, por poñer un exemplo, o BNG e o PSdG levan non sei cantas eleccións municipais poñendo candidatos infumables para calquera persoa cun mínimo de sentimento de esquerdas. Co cal, os que de verdade son progresistas pasan de ir a votar, e os poucos que votan fanno coa narís tapada. Así o PP ten garantía de éxito. Esperemos que con AGE presente algo "fumable" senón, facerei como ata o de agora nas municipais, quedarei na casa.

20 pinchorla

Na miña opinión quen máis saeu fortalecido é o grupo de Izquierda Unida,cousa nunca vista en Galicia.Agora haberá que agardar que políticas vai aplicar AGE tendo en conta que eles mesmos dixeron por activa e por pasiva que era unha alianza táctica electoral.No grupo parlamentar quen vai ser o que teña máis peso?,agora sí, o galeguismo de Anova ou o despacho de IU en Galicia pouco proclive ao nacionalismo.Ou dividiranse en IU e Anova por separado con 5 e 4 respectivamente?.PP BNG e PSOE perderon votos todos,máis quenes teñen que recuperarse son socialistas e BNG.Creo que no Horreo vai haber moitas chispas entre os progresistas, e o PP divirtíndose coa súa maioría.En todo caso, os tempos non son chegados e o panorama é cada vez máis parecido a unha Autonomía do café para todos, coa baixada da autoestima das nosas señas de identidade.Os Galeg@s votamos e as cousas son como son,imos camiño de ser provincia da Autonomía madrileña.

19 Lucía

Estes do Bloque que a cotío din que mexan por nos e hai que dicir que chove. Esta vez foron eles que mexaron por si

1 Lucío

Mexaron enrriba de todos nós, xa sabes 4 anos de PP, de recortes de dereitos.

18 Foucellas

Se os profesores de historia, que saben tanto, souberan ensinar o fundamental, agora non estabamos asi. Se os profesores de galego axudaran a querer a lingua nai e non a fixeran tan "semiótica" que pasan da asignatura, outro galo cantaría. Se o nacionalismo non perdera as "asociacións de viciños" que agora están en mas do PP, porque cando o BNG gaña as municipais pasa de todo dios, e goberna os concellos coma se foran "Colexios de Secundaria".

17 Castelao e Bóveda

Anque doan as verdades. É tarde para amar. A abstención buscádea na mocidade galega, nos estudiantes, que nunca recibiron a lección de historia que importa, "se o teu voto non vale é que ti non vales.VOTA e non fagas como os d'A CNT da República, que se abstiveron e gañou a dereita golpista de Lerroux e Cedade. A UPG nunca fará autocrítica porque guíase por unha "Verdade Revelada polo seus profetas, Rodríguez e Basilio: NÓS, somos os únicos que salvaremos a Galiza e os levaremos á Terra Prometida".

1 Perico Pallotti

Pois fíxate que esa "lección da historia" da que falas, seica non é tal. Porque, primeiro, a CNT nunca vai "pedir o voto", xa que é un sindicato anarquista e non un partido político. E, segundo, o voto dos afiliados da CNT foi o que propiciou a victoria do Frente Popular en 1936. En canto á posibilidade de que a UPG faga unha autocrítica, pois é tan probable como que neste momento caia un meteorito sobre a tumba de Stalin nas murallas do Kremlin.

2 mk__

AInda que pode ser que te estexas a referir ao Partido Sindicalista, que si estaba formado por militantes da CNT, pero non era a CNT. E a inclusion deste na Frente Popular foi unha das razons do seu trunfo. Nunca houbo un ministro da Republica que representara á CNT.

3 Perico Pallotti

Ola mk, non sei se estas a contestarme a min. Si é así, decirche que non me estou a referir ao Partido Sindicalista de Pestaña, senón á "liberdade" de votar ou non que a CNT suxeriu aos seus afiliados, como xeito de poder tirar das cadeas aos presos anarquistas. O voto masivo do millón de afiliados da CNT influiu decisivamente no resultado das eleccións do 36. En canto ao que dis de que nunca houbo un ministro da República da CNT, pois o sinto, pero tamén te trabucas. De feito, houbo catro ministros da CNT no goberno Negrín: Federica Montseny (ministra de Sanidade, a primeira muller ministra dun estado europeo), Juan Peiró (ministro de Traballo), Juan López (ministro de Comercio) e García Oliver (ministro de Xustiza). Saúde.

4 o pobo non vos quere

"dereita golpista de Lerroux e Cedade" ¿Seica quedou aberta a veda para disparatar? http://larazon.es/noticia/7984-esva...

5 mk__

Coido que todos os que dis eran membros do Partido Sindicalista (a Montseny coma minimo), e en funcion deso estaban no governo, e sí ademais eran destacados militantes da CNT.