"Eu non lle boto a culpa a ninguén"

Guillerme Vázquez evita responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñece que "é moi malo". Anuncia que se abre un proceso de "reflexión" na formación. Non descarta recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro. Vídeo no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG acordou este luns mudar a mensaxe que a mesma formación trasladou tras coñecer os resultados electorais do 21-O. Tras unha xuntanza dos seus membros e a postura dun grupo deles de que había que evitar responsabilizar da derrota a outras formacións, a dirección nacionalista acordou asumir as súas responsabilidades.

Membros da Executiva Nacional do BNG
Membros da Executiva Nacional do BNG | Fonte: Bloque

"O resultado é moi malo e esta perda de apoio popular colócanos nunha situación moi difícil", subliñou o portavoz nacional desta formación Guillerme Vázquez. Nun discurso moi diferente ao que onte mantivo o candidato desta formación, Francisco Jorquera, e asumindo as responsabiliades pola baixada de cinco deputados e máis de 130.000 votos, Vázquez destacou que o BNG "tomou boa nota" da "mensaxe" dos cidadáns. "Por iso, pedimos desculpas porque nós tivemos que facer as cousas mal para esta perda de confianza".

Felicitacións a AGE

Por iso, rexeitou culpar dos resultados obtidos á coalición que liderou Xosé Manuel Beiras. O líder nacionalista incluso felicitou á coalición de EU-Anova polos seus resultados e mostrou a súa esperanza de que a súa oposición "sexa útil para facerlle fronte" ao PP. Ademais, non descartou, no futuro, volver a recompoñer as relacións con Anova e con Máis Galiza. "Non temos prexuízos e o que teña que acontecer, acontecerá", dixo.

"Eu non lle boto a culpa a ninguén, e sobre todo, a outra forza política que nos superou en votos", dixo en relación á derrota do BNG e tras subliñar que a súa formación terá que analizar "o que se fixo mal" para tentar "corrixilo". 

Así, recoñeceu que para o BNG iníciase, agora, unha "etapa difícil", case unha "travesía no deserto", indicou, e anunciou que os cargos da formación analizarán a situación creada "coa cabeza fría".

 

O modelo BNG "non está esgotado"

 

En todo caso, Vázquez quixo deixar claro que o modelo do BNG "non está esgotado". "Se o crese agora estaría a coller un cruceiro ás Bahamas", ironizou nunha sala de prensa inzada de medios de comunicación de todo o Estado.

 

Con todo, lamentou que o nacionalismo galego non saíse reforzado nunha conxuntura política na que, dixo, as forzas nacionalistas de Euskadi e Cataluña crecen e expoñen novos "modelos de estado" aos que non poderá aspirar Galicia.

"Poderes e contrapoderes"

Unhas declaracións que tiveron lugar tras a reunión da Executiva nacionalista que acordou celebrar leste mesmo sábado un Consello Nacional para avaliar a actual situación da formación e tomar as "decisións que fagan falta".Sobre o proxecto nacionalista matizou que, quizais, o BNG "non soubo transmitir ou non lle deixaron transmitir con claridade" a súa mensaxe. Unha situación da que responsabilizou a "poderes e contrapoderes" contra os que hai que "loitar".

Os nacionalistas celebrarán este sábado unha xuntanza do seu Consello Nacional. Con todo, entre as decisións, non está, polo menos polo momento, a dimisión de Francisco Jorquera. "No BNG non tenenos niguna razón para expornos esta cuestión", dixo Vázquez a preguntas dos xornalistas. "Foi o noso candidato á Xunta e por pura lóxica será o portavoz no Parlamento", engadiu. 

Velaquí o vídeo difundido pola fronte:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 154 comentarios

13 unmaisundous

Eu levo anos votando BNG , pero désta votei AGE , a pesares diso sentín tristura pola caída do BNG , mais eu só teño un voto , gostaríame que todos abríramos os ollos con unha visión mais fresca das cousas e dos tempos e deixar de atomizarnos , pero bueno só é un desexo , de todolos xeitos éstas declaracios de Guillerme danme esperanza.Xa sabedes o vello refrán ... "divide e vencerás".

12 Antón

Mudar os símbolos (as estrelas non gostan a ninguen), mudar as persoas (vazquez e jorquera que dean paso á xove nova), mudar o nome (o bng xa non é un bloque) e renovar o partido, iso é o que fai falla.

1 estreleira

En AGE, hai estrelas e X.M.B. non é precisamente un chaval

2 DigoEu

X.M.B. non é precisamente un RAPAZ/no es precisamente un chaval. Unha de dúas. En galego, "rapaz". E dito isto, Beiras vale sen que importe a súa idade. A xente, se non está impedida física ou psíquicamente, pode valer ou non valer independentemente de que sexa nova ou vella.

3 ruso

No BNG non hai un lider que lle chegue ao tacon do zápato de Beiras....

4 A lanterna de Dióxenes

Se, logo da escisión no BNG, +Galiza e os Irmandiños conformaran unha coalición ou novo partido e se presentaran as eleccións con Beiras a fronte, conn Aymerich, T. Taboas e demáis os resultados do nacionalismo serian cecais mellores que os conseguidos por AGE. Que a UPG pase a ser un partido minoritario dentro do nacionalismo é algo que moitos levamos anos dicindo. É natural; o nacionalismo radical galego non da para máis deputados que os conseguidos polo BNG onte. Así de claro e así de sencillo.

11 300

Ogallá o que queda do bng e cxg forme coalición cos que xa están en age cun acordo de mínimos para as municipais, polo menos nas vilas pequenas. pero teño duvidas porque vexoos mui rencorosos e pensando que o desastre do bloque é circunstancial. a ver se hai un pouco de altura de miras na xente decente que queda no bloque, que son muitos

1 Riot

CxG non é absolutamente nada. Quedou demostrado o domingo 21-O

2 hai que paralos

non foi nada nas autonómicas pero é relevante para as municipais nalgúns concellos. ahí a dispersión de voto sí que é matadora. compre acordo de mínimos, si é que se pode chegar, para unha fronte de resistencia antifeixista

3 Dna. Urraca no seu castelo

Riol, aparwentemente, polos resultados C X G non é nada, pero se tes un chisco de paciencia podes comprobar como nos pequenos oncellos nos que conseguiron formar un grupo de simpatizantes, nalgúns deles, superaron ao BNG. Isto que che suxire?

10 Roi Xordo

1º) Pois eu si lla boto a alguén. Ex aequo á UPG e a Beiras. 2º) Uns polo sectarismo e outro pola egolatría. 2º) Pero o que xa foi non ten volta atrás, e o pobo dictou sentenza, dándolle a Beiras unha victoria, que por parcial e por temporal non é definitiva, pero segue a ser victoria. 3º) Ábrese unha segunda, e se cadra derradeira, oportunidade para constituír unha ESQUERDA NACIONAL GALEGA, ampla, plural, seria, sen dogmatismo. 4º) Só depende da grandeza e altura de miras de Beiras e da UPG. 5º) Ámbolos dous elementos seguen a ser logo o problema e a solución. 6º) A UPG é imprescindible, pero os demais tamén. A UPG ten que jmudar moitos vicios e comportamentos, pero os demais tamén. 7º) E nestas Feijoo gañou, sendo isto o realmente preocupante, o que non pode volver ocorrer, o que temos que evitar no futuro, e para iso facemos falla todos, sen dogmatismos, sen sectarismos.

1 anonimo

Ainda non te enteraches que coa UPG non hai nada que facer? NON SON DE FIAR.

2 Spanish Proud

A ver Roi Xordo, lo que pides es imposible. La izquierda en Galicia, como en casi todos los sitios, no puede ser plural, no puede ser amplia, y menos aún puede dejar de ser dogmática. El comunismo (UPG, PC-EU, FPG,) es una ideología que reniega del individuo en favor de la clase. Es una ideología que apuesta por la intervención del Estado y no por la iniciativa individual. Es un sistema en el cual se excluye al disidente.Las pruebas están a la vista y las más cercanas las tienes en lo que ha sucedido en el BNG. Si a todo esto unes el nazionalismo, olvídate de democracia, tolerancia y pluralidad. El nazionalismo aboga por los privilegios, por la tribu, y desprende un tufillo racista que tira para atrás. ¿Te suena lo de propio, lo de identidad auténtica, lo de derechos colectivos? Por todo ello, no puede haber una alternativa seria en la izquierda nazionalista, sino que en ese espacio abundan la intolerancia, el fascismo y la falta de seriedad.

3 O peteiro feroz

(1) À medida que o homem constrói seu mundo com a força do trabalho alienado, o cenário deste mundo se converte na prisão onde terão que viver. Um mundo sórdido, sem sabor, nem odor, que leva consigo a miséria do modo de produção dominante. Este cenário está em eterna construção. Nada nele é estável. A remodelação permanente do espaço que nos envolve se justifica pela amnésia generalizada e pela insegurança na qual devem viver seus habitantes. Trata-se de refazer tudo a imagem do sistema: o mundo se torna cada dia mais sujo e barulhento, como uma usina.

4 O peteiro feroz

(2) Cada parcela deste mundo é propriedade de um Estado ou de um particular. Este roubo social que é a apropriação exclusiva do solo, se encontra materializada na onipresença de muros, barreiras, e fronteiras... São as marcas visíveis desta separação que invade tudo. Mas ao mesmo tempo, a unificação do espaço, de acordo com os interesses da cultura mercante, é o grande objetivo da nossa triste época. O mundo deve transformar-se em uma imensa autopista, racionalizada ao extremo, para facilitar o transporte das mercadorias. Todo obstáculo, natural ou humano, deve ser destruído.

5 O peteiro feroz

(3) O ambiente onde se aglomera esta massa servil é o fiel reflexo de sua vida: se assemelha a jaulas, a prisões, a cavernas. Porém contrariamente aos escravos e aos prisioneiros, o explorado dos tempos modernos deve pagar por sua jaula.

9 Xosé Lois

Eu desta volta votei a AGE por Beiras e antes votaba BNG polo mesmo. É dicir, hai moitas cousas que, en xeral, hai que mellorar en tódolos partidos pero, entre outras a seguinte: na miña vila, da Terra Chá, os concelleiros nacionalistas son os que menos se relacionan coa xente e, semella, que é porque pensan que son uns entes raros/superiores/diferentes (poñede o adxectivo que queirades) ós demáis. Eu, votante nacionalista dende sempre, nas últimas eleccións municipais quedei na casa, porque non había candidatura algunha que me convencera. Por último, cando hai ideas hai que saber comunicalas e sempre cun sorriso diante dos máis e non dar a sensación de que se vai impoñer nada (iso é o que pensan os máis vellos, que tamén votan -carretados ou non- e nas provincias de Lugo e Ourense son maioría). Se o BNG quere chegar a ser alguén, que mire ben qué xente ten nas vilas e que lles ensine a achegarse á xente, porque a partires de ahí, medrará.

1 Parabens

Home, penso que o que dixo encantomenos a esquerda, e que quere alguen que os defenda e sepa enfrentarse a dereita. Beiras da o pego para iso. E non caer nas trapelas dos PPodres, donde tes que gardar as maneiras e as formas porque o din os Xornais da dereita. Aprender algo do inimigo, Aznar esto o saibe moi ben. Dalle o mesmo si quedan ben con a esquerda, ou si as formas e maneiras quedan moi democráticas. A xente quere ver alguen que os defenda. Beiras e Iolanda Diaz, penso que o deixaron moi clariño. A Feijoo, nin auga, nin parabens.