Feijóo teme a oposición de AGE

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/11/2012 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

"Teñen unha importantísima carencia democrática". Así de contundente se amosou Alberto Núñez Feijóo sobre o discurso dos líderes de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

Feijóo en rolda de prensa en San Caetano
Feijóo en rolda de prensa en San Caetano

E é que ao presidente da Xunta non lle están a gustar as manifestacións que estes dirixentes están realizando nos medios de comunicación sobre a oposición que farán na Cámara. Por iso, non dubidou en suliñar que está "inquedo" con algunhas das súas declaracións, as últimas, as de Yolanda Díaz, que dixo que AGE "vai a por o PPdeG". 

"Ameazan"

Nunha entrevista á axencia Europa Press publicada na súa web, Feijóo criticou que tanto Beiras como Díaz "ameacen" aos populares antes de tomar posesión na Cámara e lembrou que el chamou á calma aos seus dirixentes na primeira xunta directiva popular logo dos comicios. "Dicir iso é dunha violencia verbal non admisible e ten unha importantísima carencia democrática", advertiu.

Sobre a posibilidade de que el e Beiras poidan acabar fundidos nun abrazo, como aconteceu entre Fraga e o líder de AGE, amouse exceptico, precisamente, pola violencia verbal que o histórico líder nacionalista utiliza ao referirse a el.

Situación "moi complicada"

Por outra banda, Feijóo anunciou que a primeira parte do seu novo mandato --os anos 2013 e 2014-- será "moi complicada", pero insistiu en que mantén o obxectivo de que Galicia cre emprego na IX Lexislatura porque confía en que o camiño da recuperación económica arrancará a partir de 2015.

"A primeira metade da lexislatura, os anos 2013 e 2014, a situación vai seguir sendo moi complicada, pero espero que en 2015 e 2016 empecemos unha senda de recuperación económica e, en consecuencias.

Por iso, suliñou que tentará ofertar a uns 6.000 laborais fixos da Comunidade consolidar a súa posición xurídica converténdoos en funcionarios". "Xa o estudamos no anterior mandato", admitiu, antes de explicar que a proposta se exporá aos sindicatos e concretarase nunha nova Lei de Función Pública.

Vicepresidente

O líder do PPdeG tampouco descartou a creación, nesta lexislatura, da figura do vicepresidente. Un cargo que podería ocupar o actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Sobre isto, Feijóo dixo que o seu número dous sería un "bo candidato", pero insistiu en que non tomou unha decisión ao respecto. "Se o Goberno tivese vicepresidente, Rueda sería un bo vicepresidente", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 111 comentarios

29 Anónimo

Revisade a ortografía por favor!!! Da grima!

1 taliván hortográfiko

Dá, con til no á

28 Coruñés

Desesexo que a oposición de AGE sexa eficaz e responsabel. A xente que fala da oposición do BNG nos ultimos anos minusvalorandoa acaso a coñece?. Non vos enganedes muitos vedes únicamente aquilo que vos deixan ver os medios e o pior é que muitos practican o desprecio por todo aquilo que se move, e decirme sinceramete acaso o BNG estuve parado nos últimos anos? Claro que a política para alguns é mui fácil e continuará sendo un xogo fácil de autocomplacencia. Construir un país non se fai a base de consignas fan falta proxectos.

27 A sota de abastos

Violencia e a túa, e non verbal precisamente, estaslle facendo moito dano a moita xente e eres conscente, un mal político e pior persoa, fas ben en temer a oposición de AGE, acabase ó compadreo.

26 G. Liñares

Rueda de vicepresidnte? Feijoo xa esta a preparar a súa candidatura ao liderado do PP español?

25 Pedro Martín Juárez

Feijoo no tiene ni la más remota idea de lo que se puede airear de su trayectoria política. ¿Y si hablamos de suicidios por desamor?...

1 What

What?

2 oPPus Gays

Com efeito. Nesta "democracia" nom se fala dalguns temas "espinhosos" para os que mandam..