Sindicatos e partidos políticos pídenlle a Feijóo que reparta o medio millón de máscaras que ten en stock

Galicia en Común e CC.OO. pídenlle ao goberno galego que rectifique e que distribúa entre o persoal sanitario que o precisa as máscaras que a Xunta ten en almacéns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2020 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A coalición Galicia en Común-Anova Mareas e o sindicato CC.OO. reclamaronlle á Xunta que proceda á "repartición inmediata" do medio millón de máscaras que, segundo o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ten no seu poder a Administración autonómica.

Nun comunicado emitido este luns, o candidato á Presidencia da Xunta pola coalición e secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, instou ao Goberno galego a ordenar a fabricación de máscaras ás plantas industriais da comunidade con capacidade para facelo.

"É absolutamente imprescindible que a Xunta ordene a fabricación destes elementos. Sobre todo, tendo en conta que, segundo coñecemos o domingo, Galicia ten unicamente medio millón de máscaras en stock", subliñou Gómez-Reino.

"Esas máscaras e eses equipos deberían porse a disposición de maneira inmediata do conxunto de profesionais da sanidade, das persoas que se atopan en grupos de risco e das administracións competentes para que cheguen a quen máis as precisan", incidiu.

Unha costurera confecciona unha máscara
Unha costurera confecciona unha máscara

CC.OO.

Tamén o sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) cualificou de "inadmisibles" as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas que asegurou que o Executivo autonómico conta cunha reserva oculta de medio millón de máscaras.

Comisións censurou este "alarde" do titular da Xunta "mentres moitos profesionais denuncian que lles chega material", segundo denuncia un comunicado remitido aos medios este luns. Deste xeito, Comisións reclama á Xunta que poña este material a disposición dos profesionais da sanidade pública e privada para que fagan o seu traballo "sen pór en risco a saúde dos pacientes nin a súa propia".

"Isto é o que necesita Galicia, no canto de propaganda da súa 'xestión' nesta crise", subliñou o sindicato en alusión ao mandatario autonómico e o seu goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta