Denuncian prácticas mafiosas" en empresas aproveitándose da crise do coronavirus

A CIG denuncian que algunhas empresas en Ourense están obrigand aos empregados a coller vacacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2020 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

A CIG denunciou ante Inspección de Traballo diferentes prácticas "fraudulentas" e "mafiosas" de empresas galegas con motivo do estado de alarma a raíz do coronavirus. Entre outros exemplos, refírese a empresas do sector da lousa na provincia de Ourense que "pretenden mandar para casa aos seus traballadores, pero a conta das súas propias vacacións".

Ademais, censura hai que empresas que, "saltándose todo tipo de norma, comunican ao seu persoal, individualmente, a suspensión temporal da relación laboral, sen abono de salarios nin indemnización, coa promesa de volver chamalo ao reinicio da actividade". "Neste caso o traballador non tería nin dereito a prestación por desemprego que si ten unha situación de ERTE", avisa o sindicato.

"Estamos a ver a peor e máis miserable cara de moitas empresas que se aproveitan da situación excepcional e basculan os prexuízos dela no punto máis débil, o das persoas traballadoras", lamenta.

Así mesmo, avisa de que a "avalancha" de ERTE que se producen en Galicia "non é máis que a punta do iceberg", xa que empresas "de todos os tamaños" están a comunicar o peche por forza maior ou período de consultas para expedientes regulatorios por causas económicas.

Traballadores do asteleiro naval Freire con máscara por temor ao coronavirus
Traballadores do asteleiro naval Freire con máscara por temor ao coronavirus | Fonte: @miguelnuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta