PPdeG, críticos do PSdeG e Beiras na presentación dun libro de La Voz sobre Feijóo

Ningún representante do BNG, nin membro da dirección socialista acudiu a este evento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2012 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Só faltou o protagonista do libro. Polo demais, destacados dirixentes da cúpula do PPdeG déronse cita este venres no Hotel Monumento San Francisco de Santiago para presentar unha obra patrocinada por La Voz e realizada polo xornalista Domingos Sampedro sobre a figura do presidente da Xunta; "Feijóo, de gestor a presidente".

Presentación do libro sobre Feijóo
Presentación do libro sobre Feijóo | Fonte: V.M-La Voz

Alí estaban os conselleiros de Educación, Jesús Vázquez; e de Traballo, Beatriz Mato; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; ou o portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy. E, xunto a eles, o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, acompañado tamén polos exdeputados socialistas José Manuel Lage, Mar Barcón e Modesto Pose. Non había ningunha representación do BNG nin da actual dirección socialista. Ambos os dous partidos están moi enfrentados coa actual dirección deste medio. Tampouco estaba a líder de EU, Yolanda Díaz.

"Cubrir un baleiro"

Segundo informa La Voz, este libro "ven cubrir o baleiro que existía no tratamento bibliográfico sobre a traxectoria política de Alberto Núñez Feijoo" e congregou  a "un amplo e plural elenco de representantes da vida política e social de Galicia". 

No acto, ademais do autor do libro, interviñeron o alcalde de Santiago, Angel Currás; e o director de La Voz, José Luís Vilela, quen destacou a "intensidade de arriba abaixo" que Sampedro imprimiu ao seu traballo. Pola súa banda, Currás destacou a "gran achega de Feijoo á política galega é que conseguiu darlle á xestión un valor político".

Con todo, Sampedro puntualizou que o libro "non é exactamente unha biografía sobre Alberto Núñez Feijoo" senón unha crónica dos feitos contada a través de múltiples testemuños que os viviron. "Se Feijoo quixese facer unha obra tutelada, probablemente pensaría noutra persoa", ironizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

21 nontemosremedio

Parece que en este pais só existe Beiras. Menuda crucifixión. Deixade en paz ao home. O que queira votar que vote, e o que non queira, que vote o que lle de a gana. Menuda teima

20 coruñés

Que dirán agora os puristas. Eu non digo nada para min que Beiras esté alí non é relevante, pero para aqueles puristas antiBNG (mais ben diría anti todo) si que debería selo, so para manter a coherencia das suas intervencions. De todas maneiras haberá que estar atentos quizais o purismo que nos vendeu Beiras non o será tanto. Tempo ao tempo.

19 arteixán

Xa está O'Beiras facendo o que fixo sempre: o que lle peta e lle dá a gana, sen dar explicacións nin razón dos seus actos a ninguén ;) O único certo é que se -como din muitos por aquí -a UPG é sectaria o PCE éo o triplo ou o cuádriplo (a comezar polo PCG e por Yolanda Díaz). En fin, cada quen que terme dos seus inventos.

18 Demolition man

A "brigada de demolizón" e...... bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla,bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla,bla, bla, bla, bla, bla, bla, bla.....................etc

17 Songalega

Amin dame a risa. Aqueles que antes non votaban o BNG por qué estaba Beiras....................................................................................... Eu votei BNG cando estaba Beiras, é sigo votanto BNG ahora que Beiras non sei onde está. Bueno, si sei onde está. Está onde estivo sempre !!!