PPdeG, críticos do PSdeG e Beiras na presentación dun libro de La Voz sobre Feijóo

Ningún representante do BNG, nin membro da dirección socialista acudiu a este evento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2012 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Só faltou o protagonista do libro. Polo demais, destacados dirixentes da cúpula do PPdeG déronse cita este venres no Hotel Monumento San Francisco de Santiago para presentar unha obra patrocinada por La Voz e realizada polo xornalista Domingos Sampedro sobre a figura do presidente da Xunta; "Feijóo, de gestor a presidente".

Presentación do libro sobre Feijóo
Presentación do libro sobre Feijóo | Fonte: V.M-La Voz

Alí estaban os conselleiros de Educación, Jesús Vázquez; e de Traballo, Beatriz Mato; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; ou o portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy. E, xunto a eles, o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, acompañado tamén polos exdeputados socialistas José Manuel Lage, Mar Barcón e Modesto Pose. Non había ningunha representación do BNG nin da actual dirección socialista. Ambos os dous partidos están moi enfrentados coa actual dirección deste medio. Tampouco estaba a líder de EU, Yolanda Díaz.

"Cubrir un baleiro"

Segundo informa La Voz, este libro "ven cubrir o baleiro que existía no tratamento bibliográfico sobre a traxectoria política de Alberto Núñez Feijoo" e congregou  a "un amplo e plural elenco de representantes da vida política e social de Galicia". 

No acto, ademais do autor do libro, interviñeron o alcalde de Santiago, Angel Currás; e o director de La Voz, José Luís Vilela, quen destacou a "intensidade de arriba abaixo" que Sampedro imprimiu ao seu traballo. Pola súa banda, Currás destacou a "gran achega de Feijoo á política galega é que conseguiu darlle á xestión un valor político".

Con todo, Sampedro puntualizou que o libro "non é exactamente unha biografía sobre Alberto Núñez Feijoo" senón unha crónica dos feitos contada a través de múltiples testemuños que os viviron. "Se Feijoo quixese facer unha obra tutelada, probablemente pensaría noutra persoa", ironizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

1 andrea

e o logo o Beiras xa comeza a pagar os favores ???!!!

1 laconenlata

daquí a unha escenita estilo Vilas con frijolito...unha carreiriña de can!! empeza o espectaculo, Beiras por que yo lo valgo!

2 cansinos

Non vos cansades eh?