PPdeG, críticos do PSdeG e Beiras na presentación dun libro de La Voz sobre Feijóo

Ningún representante do BNG, nin membro da dirección socialista acudiu a este evento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2012 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Só faltou o protagonista do libro. Polo demais, destacados dirixentes da cúpula do PPdeG déronse cita este venres no Hotel Monumento San Francisco de Santiago para presentar unha obra patrocinada por La Voz e realizada polo xornalista Domingos Sampedro sobre a figura do presidente da Xunta; "Feijóo, de gestor a presidente".

Presentación do libro sobre Feijóo
Presentación do libro sobre Feijóo | Fonte: V.M-La Voz

Alí estaban os conselleiros de Educación, Jesús Vázquez; e de Traballo, Beatriz Mato; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; ou o portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy. E, xunto a eles, o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, acompañado tamén polos exdeputados socialistas José Manuel Lage, Mar Barcón e Modesto Pose. Non había ningunha representación do BNG nin da actual dirección socialista. Ambos os dous partidos están moi enfrentados coa actual dirección deste medio. Tampouco estaba a líder de EU, Yolanda Díaz.

"Cubrir un baleiro"

Segundo informa La Voz, este libro "ven cubrir o baleiro que existía no tratamento bibliográfico sobre a traxectoria política de Alberto Núñez Feijoo" e congregou  a "un amplo e plural elenco de representantes da vida política e social de Galicia". 

No acto, ademais do autor do libro, interviñeron o alcalde de Santiago, Angel Currás; e o director de La Voz, José Luís Vilela, quen destacou a "intensidade de arriba abaixo" que Sampedro imprimiu ao seu traballo. Pola súa banda, Currás destacou a "gran achega de Feijoo á política galega é que conseguiu darlle á xestión un valor político".

Con todo, Sampedro puntualizou que o libro "non é exactamente unha biografía sobre Alberto Núñez Feijoo" senón unha crónica dos feitos contada a través de múltiples testemuños que os viviron. "Se Feijoo quixese facer unha obra tutelada, probablemente pensaría noutra persoa", ironizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

6 Bandeira

Pétain (Beiras) non foi ao acto por que lle interesase a vida de Feijóo (que non lle interesa ren), nin tampouco a propia Voz, foi por que o autor do libro (D. Sampedro) é o cronista da Voz no Parlamento; e Beiras (perónd Pétain) sabe perfectamente que o "éxito ou fracaso" da súa actividade dependen da crónicas de Sampedro. Agora non ten detrás del un colectivo organizado (BNG), só existe unha amalgama -ou UTE-, de altermundismo, españolismo, antinacionalismo e esquerdismo infantil con moi pouco implantanción, agás en determinadas localidades e, ante esa debilidade, a súa baza son os medios de comunicación, fundamentalmente a Voz (ver hoxe o artigo de Roberto B. Valdés); por iso, foi Pétain; porca miseria.

1 Un de ANOVA

E Paco Rodriguez é Napoleon! Viva a realidade paralela da UPG. ANOVA prefire facer cousas no mundo real

2 Rayleigh

No mundo real? Para cando o PCE vos pegará a patada no q que vos merecedes? Polo de pronto, xa lles regalástedes 5 deputados e esperan máis. Xa están babexando polas municipais..E nese "mundo real de ANOVA", quen vai despois de Beiras? Como digas Martiño, escacho coa risa..

5 nacionalistagz

É que se non o vexo non o creo! http://www.lavozdegalicia.es/notici... Este era o home que se ía papar ao Feijóo?

4 outeiriño

Tamen fará papadelas Beiras con Feijoo igual que as fixo con Fraga.

1 cans na bouza

Tranqui. De momento ir pagando a "la vos de jalisia"

3 ManuelL

A la Voz le interesó que Beiras entrara en campaña para que los otros partidos desaparecieran. Ahora le toca a Beiras aplaudir a la Dirección del periódico que lo utilizó para mantener a Feijóo como Presidente. Increible que Beiras se deje utilizar para que la derecha siga gobernando.

2 P. Garcia

Sampedro é o bis de Lois Blanco.