PPdeG, críticos do PSdeG e Beiras na presentación dun libro de La Voz sobre Feijóo

Ningún representante do BNG, nin membro da dirección socialista acudiu a este evento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2012 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Só faltou o protagonista do libro. Polo demais, destacados dirixentes da cúpula do PPdeG déronse cita este venres no Hotel Monumento San Francisco de Santiago para presentar unha obra patrocinada por La Voz e realizada polo xornalista Domingos Sampedro sobre a figura do presidente da Xunta; "Feijóo, de gestor a presidente".

Presentación do libro sobre Feijóo
Presentación do libro sobre Feijóo | Fonte: V.M-La Voz

Alí estaban os conselleiros de Educación, Jesús Vázquez; e de Traballo, Beatriz Mato; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; ou o portavoz parlamentario do PP, Pedro Puy. E, xunto a eles, o voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, acompañado tamén polos exdeputados socialistas José Manuel Lage, Mar Barcón e Modesto Pose. Non había ningunha representación do BNG nin da actual dirección socialista. Ambos os dous partidos están moi enfrentados coa actual dirección deste medio. Tampouco estaba a líder de EU, Yolanda Díaz.

"Cubrir un baleiro"

Segundo informa La Voz, este libro "ven cubrir o baleiro que existía no tratamento bibliográfico sobre a traxectoria política de Alberto Núñez Feijoo" e congregou  a "un amplo e plural elenco de representantes da vida política e social de Galicia". 

No acto, ademais do autor do libro, interviñeron o alcalde de Santiago, Angel Currás; e o director de La Voz, José Luís Vilela, quen destacou a "intensidade de arriba abaixo" que Sampedro imprimiu ao seu traballo. Pola súa banda, Currás destacou a "gran achega de Feijoo á política galega é que conseguiu darlle á xestión un valor político".

Con todo, Sampedro puntualizou que o libro "non é exactamente unha biografía sobre Alberto Núñez Feijoo" senón unha crónica dos feitos contada a través de múltiples testemuños que os viviron. "Se Feijoo quixese facer unha obra tutelada, probablemente pensaría noutra persoa", ironizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

11 Rayleigh

Levoo dicindo dende hai meses..e algúns seguen "namorados" polos resultados. Nunca unha coalición/partido formado semanas antes tivo tanto eco nos medios como tivo AGE antes das eleccións. Por algo será. Santi Rey, sabe perfectamente (non fai falla ser moi intelixente)que AGE non ten percorrido. A xente de Galiza, é profundamente anticomunista e lle bastará axitar este medo para quitarse do medio a AGE. Mentras tanto? Son moi utís para bombardear ó nacionalismo galego. Algúns daranse conta do mal negocio que fixeron...e xa será tarde. Para eles e para Galiza.

1 anonimo

E logo a UPG, non é comunista...? Ah, non que está agochada no parapeto do BNG.

2 Rayleigh

Grazas anonimo. Non dixen nada da UPG por que é obvio e unha proba máis do que digo. CONFIRMA A MIÑA TEORÍA. PArece mentira..co "listos" que sodes e tropezades 2 veces na mesma pedra: cambiachedes a UPG polo PCE. Resultado? O MESMO. Non perdoa...que 4 deputados vanvos levar á lúa, non rapaz? Dicides que o BNG non entende a Galiza e está fora da realidade. E eu vos digo que vos pasa o mesmo. Pero como aparecedes en LA VOZ todos "ghuapos" pois davos igual, non si? Ata que recibades a puñada polas costas e eu estarei aquí para desfrutala.

3 anonimo

pois desfruta ! A min no me parece mal que a xente desfrute. E cada un desfruta co que quere ou pode. Amén

10 Mexan por nós...

Viva a congruencia!. Chamalles nazis e vai a presentación en sociedade do Mein Kamf.

1 digoeu

E que terá que ver Sampedro cos militantes do PP? Algúns confunden churras con Merinas.

9 sol

Como militante de EU pedirei as pertinentes explicacións desta deslealdade. Non vale todo.

1 breogán

Pide, pide explicacións, que chas vai dar o Beiras en persoa! Ai mimadriña, así nos vimos no BNG en tempos, pedindo explicacións polas mexadas fóra do caldeiro do señorito da Reboraina... quixéstelo como candidato? Agora aguantaino!

8 Xenius

É loxico que Beiras acuda. De ben nacidos é ser agradecidos. AGE débelle os 9 deputados a Santiago Rey.

7 Xistral

Hai que enpezar a pagar os favores. Iso de Beiras chámase dar lexitimidade (estudade o concepto, para empezar Max Weber non está mal). Evidentemente se fosen só os deles non tería moita credibilidade.