A Policía identifica a varios sindicalistas da CIG por organizar protestas durante o confinamento

O sindicato remarca que as protestas foron breves e respectouse a distancia de seguridade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2020 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

A CIG realizou protestas simbólicas no sete cidades de Galicia para "esixir ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade nos centros de traballo. No marco destas protestas, algúns dos seus membros foron identificados en Santiago, onde a concentración tivo lugar ante o complexo administrativo de San Caetano, e na Coruña, por vulnerar restricións do estado de alarma.

Así o confirmaron a Europa Press fontes do sindicato, que subliñaron o carácter simbólico destas protestas, ademais de incidir en que foron de breve duración e respectouse a distancia de seguridade entre as persoas que participaron nas mesmas.

Segundo informou nun Comunicado, o obxectivo destas protestas era reivindicar medidas de protección laboral e social para os traballadores, ademais de "esixir que os custos da emerxencia social non recaian, unha vez máis, sobre as maiorías sociais".

As concentracións, nas que participaron sobre dez persoas, desenvolvéronse ante a Delegación do Goberno na Coruña, das subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense, e nos edificios da Xunta de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela.

CARRIL: SEMANAS DE PROPOSTAS QUE "NON SON ATENDIDAS"

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, explicou que a central acordou realizar estas accións de carácter simbólico tras "semanas de achegar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas polas administracións nin polas empresas".

"Hoxe estamos aquí para reivindicar o cobro do paro e dos salarios, medidas de protección social para todos sen exclusións, un control estrito do cumprimento das medidas do persoal que está a traballar; e respecto polos dereitos e liberdades civís", aseverou.

Entre outras cuestións, Carril denunciou que as medidas aprobadas desde o decreto do estado de alarma "son inxustas e insuficientes" e están a provocar "un río de despedimentos e ERTEs", mentres "profundan na precariedade dos colectivos laborais máis vulnerables". Entre outras cuestións, alertou do "abuso patronal" que, ao seu modo de ver, está a producirse, "favorecido pola decisión política de afrontar esta crise, a nivel laboral, tomando como punto de partida unha reforma laboral que xa debería estar derrogada na súa integridade".

Protestas da CIG contra o Goberno central durante o confinamento
Protestas da CIG contra o Goberno central durante o confinamento | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Geronimus

Os liberados sindicales sodes casta aparte. Todo o mundo en casa encerrado sen poder saír. O autónomos machacados a impostos sen poder cobrar e os profesionais do sindicalismo pasándose a lei polas suas partes. Por que non fan un ERTE na CIG?

1 Pedriño

Terán que xustificar o soldo de liberados sindicais ¡¡

1 José

Muito vos fode que haxa traballadores que perciban salario por ser liberados sindicais. Pero nen chío polas ducias de miles de euros que cobran as direccións das patronais.