G. Caballero e alcaldes socialistas acusan a Feijóo de "xogar coa saúde dos galegos" por "electoralismo"

Di que é unha "irresponsabilidade" que convoque xa eleccións nas actuais condicións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2020 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, iniciou unha rolda de contactos cos alcaldes socialistas das cidades galegas, cos que asegurou coincidir en que "é unha irresponsabilidade" que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "convoque agora as eleccións galegas".

"É unha irresponsabilidade convocar no medio do proceso de desescalada, pondo en risco a recuperación e a saúde dos galegos", sostivo Gonzalo Caballero, que instou a Feijóo a "rectificar" no que considera "unha decisión persoal e personalista", que rompe o acordo publicado no Diario Oficial de Galicia e que "non ten aval técnico nin sanitario".

"Que non leve a súa irresponsabilidade ao máximo. Que sente aos alcaldes e alcaldesas a falar se quere entender que a cidadanía está moi pendente da saúde e da desescalada, que quere prudencia", engadiu o socialista, que chamou ao presidente da Xunta a "priorizar o dereito á saúde" da poboación sen mesturar "o proceso de desconfinamiento co proceso electoral".

Neste sentido, sinalou que os concellos son conscientes da dificultade que se engade agora se se convocan eleccións e lembrou que no mes de marzo acordouse que se volverían a convocar "despois do estado de alarma e da emerxencia sanitaria" que existe agora.

Por iso, incide en que os mellor sería convocar unha vez superado o proceso de desescalada. "É o momento de priorizar a saúde", indicou o máximo dirixente do PSdeG.

Precisamente por iso, Gonzalo Caballero, urxiu a Feijóo a que "rectifique" no seu intento de fixar as eleccións "sen coñecer como vai a desescalada nin poder confirmar todas as garantías" para a celebración do proceso. "Que poña a saúde dos galegos e das galegas por encima de calquera outro interese", concluíu.

O secratario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na sede do PSdeG. PSDEG
O secratario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na sede do PSdeG. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 cachamuíña

Pero tí non dicías que o tempo de Feijóo estaba finiquitado? Non eras tí o que dixo moitas veces en sede parlamentar que íades a barrer ao PP nas urnas? Non eras tí e os do teu partido os que demandábades eleccións xa? Non falaches tí, cos da túa corda (comunistas, nazionalistas e independentistas) para tentar desaloxar ao PP do poder canto antes? Qué pasa agora? Tes medo? Como cambiou o conto, eh! Non te preocupes, sempre che quedará un postiño no concello de Vigo, se a teu tío non se lle suben á cabeza as copas de Anís del Mono que semella tomar con frecuencia

1 Sentidiño

Un discurso político informado, racional, e de grande altura intelectual...