Servizos sociais galegos rexeitan asumir os trámites do IMV porque levaría ao "colapso"

Avisan de que o sistema "está moi por encima das súas capacidades".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Traballo Social rexeita que os servizos sociais galegos asuman trámites relacionados co Ingreso Mínimo Vital (IMV), xa que o sistema está "moi por encima das súas capacidades e isto sería o colapso total".

Tras comezar o pasado luns o prazo de solicitudes do ingreso mínimo, remarca que esta prestación é de carácter estatal como as de desemprego, polo que "a súa competencia deber ser do sistema da Seguridade Social".

Respecto diso, o Colexio lembra que as funcións dos servizos sociais "están vinculados á atención directa que precisan as persoas e non como está a ocorrer agora á execución de tarefas administrativas coma se fose unha xestoría pública".

"Atendemos cada día cuestións de cobertura de formularios, fotocopias ou instancias en liña, e isto incrementouse durante o estado de alarma", avisa. Ademais, denuncia que os servizos sociais galegos están infradotados e contan con falta de apoio contar con máis medios técnicos.

Así mesmo, mostran a súa preocupación por que recaia nos concellos contribuír ao IMV con 70 millóns, dado que as administracións locais deberían contar cunha "maior dotación" para "destinar a servizos sociais comunitarios".

Centos de persoas sen recursos fan cola en Aluche en busca de 'unha bolsa de comida'.
Centos de persoas sen recursos fan cola en Aluche en busca de 'unha bolsa de comida'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta