Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/06/2020 | Actualizada ás 14:20
"Os nomes das rúas serven para orientarse nas vilas e cidades e tamén para organizar os territorios urbanos. Pero tamén adquiren unha moi importante carga simbólica e constitúen parte da paisaxe lingüística que acompaña aos habitantes acotío". Esta é a premisa baixo a cal foi elaborado o estudo "Os nomes das rúas", un extenso volume que recolle a orixe dos nomes de múltiples rúas de varias cidades galegas.
O estudo, publicado en aberto pola Real Academia Galega na súa páxina web, é obra de Ana Isabel Boullón Agrelo e Luz Méndez, que ao longo de máis de 200 páxinas reconstrúen o porqué de moitos dos viarios de Galicia. En concreto, o arquivo recolle rúas das cidades de A Coruña, Pontevedra, Vigo e Lalín, á parte de contar cun estudo especial que estuda a construción dalgúns dos vieiros máis emblemáticos de Santiago de Compostela e Gondomar.
Segundo apuntan dende a academia, o obxectivo do volume é profundizar nun campo de estudo "moi pouco tratado en Galicia" e, ademais, "pór o foco na necesidade da preservación da toponimia tradicional por parte dos poderes públicos, neste caso os concellos, responsables dos nomes urbanos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.