Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2020 | Actualizada ás 12:43
O incendio que permanece activo e que se declarou de madrugada na Pobra do Caramiñal (A Coruña) queimou xa máis de 45 hectáreas, segundo as últimas estimacións publicadas en Twitter pola Consellería do Medio Rural.
O lume afecta á parroquia de Lesón, concretamente á aba do monte A Curota, e empezou ao redor das 3,30 horas deste sábado, polo que "todo indica que foi intencionado", tal e como indicou Medio Rural.
Segue activo e para controlalo mobilizáronse ata agora cinco axentes, seis brigadas, cinco motobombas e unha pa. Está previsto, segundo agregou Medio Rural, quese incorporen medios aéreos "o máis axiña posible" para colaborar nos labores de extinción.
A Consellería lembra que hai un número gratuíto, o 085, ao que os cidadáns deben chamar se detectan algún incendio forestal. Outro teléfono anónimo e gratuíto, o 900 815 085, permite denunciar actividades delituosas incendiarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.