A Xunta mobiliza 385.000 euros en campañas publicitarias cun goberno en funcións

O Goberno galego xa activou antes dos comicios varias campañas publicitarias específicas sobre a Covid e reactivou outros concursos que quedaran aparcados durante a pandemia por un valor de 3,6 millóns.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/08/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A pandemia do coronavirus está cambiando moitas cousas, pero o que non cambia é a inxección de diñeiro público en grandes medios de comunicación, mesmo, cun goberno en funcións. Aconteceu antes dos comicios, cando a Xunta de Galicia mobilizou máis de 3.680.000 euros xusto un mes antes da campaña electoral, e acontece un mes despois das eleccións, con outros 385.000 euros cando aínda quedan 15 días para que Feijóo tome posesión como presidente por cuarta vez.

publicidade, axudas, medios, cabeceiras, propaganda,
publicidade, axudas, medios, cabeceiras, propaganda,

Así, se antes estas subvencións estaban relacionadas con medidas de prevención da Covid-19 e outras foron reactivadas tras paralizarse durante a pandemia, nesta ocasión tamén hai concursos novos e outros reactivados. E, destacan, especialmente, as licitacións que mantén abertas a Consellería de Infraestrutura e Mobilidade.

Este departamento abriu un concurso o pasado 12 de agosto para a xestión da inserción de anuncios oficiais e institucionais da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e as súas entidades adscritas nos diarios oficiais e medios de comunicación durante os anos 2020 e 2021. Un concurso por valor de 96.800 euros. 

Tamén esta consellería formalizou o pasado 10 de agosto o contrato polo servizo de seguimento das noticias relativas e de interese para á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade durante os anos 2020 e 2021 nos medios de comunicación escritos de ámbito galego e nacional. Un concurso orzamentado, inicialmente, en 36.300 euros. Chama a atención que unha empresa externa se faga cargo destas funcións cando este departamento dispón do seu propio gabinete de comunicación entre cuxas tarefas están, precisamente, coñecer e seguir as informacións que se publican sobre Mobilidade e Infraestruturas.

OUTROS CONCURSOS DESTA CONSELLERÍA

Non son os únicos concursos desta consellería nos últimos meses. Tamén activou o contrato derivado da campaña de “sensibilización cidadá e información en torno á mobilidade e o transporte público 2020“, do “Acordo marco do servizo de elaboración, produción e plan de medios das campañas de promoción dos ámbitos competenciais atribuídos á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e as súas entidades adscritas durante 2019 e 2020“. 

Cun orzamento base de licitación de 450.000,00 euros con IVE, o concurso foi activado o 8 de xuño. Dentro deste acordo marco 2019-2020, dotado de 3 millóns de euros, tamén se fechou outro concurso publicitario o 3 de marzo dotado de 600.000 euros. 

POLÍTICA SOCIAL

Por outra banda, aínda segue aberto outro concurso da Consellería de Política Social para o desenvolvemento dunha campaña de difusión institucional das políticas sociais da Xunta de Galicia destinadas ó fomento da natalidade no ano 2020 dotado con máis de 251.000 euros. Este concurso foi  activado o pasado 20 de xullo, logo de suspenderse pola pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 Gamela

Farto da estratexia de negocio (avaricia) da Voz de Galicia ! Propóñovos machacarlles o twitter cada vez que publiquen unha nova baixo muro de pago ! https://twitter.com/00Gamela/status... Ou denunciamos o abuso ou Feijoo seguirá doblando os seus beneficios !!!

8 Gamela

Pasaron 12 días pero non houbo ninguén disposto a retuitear para facerlle chegar ao dos Peares que non nos pasa desapercibido o seu control da prensa subvencionada ? https://twitter.com/00Gamela/status... Seguramente o motivo será que non é ningún tuit digno de tal nome ! Seica as RR.SS. só están aí para facer seguidismo dos Popes de Turno ? Así teremos outros 4 anos idénticos !!!

7 Gamela

Se en toda a prensa subvencionada prohibisen os "muros de pago" para acceder aos cartos públicos, mataríamos dous paxaros dun tiro (?) https://twitter.com/00Gamela/status... Lembrade que GC precisa dos vosos 48 € para que podamos Respirar Liberdade !

6 CastelaoPaSogama

Pero ninguén quere pechar ou privatizar as teles e radios públicas, meros aparatos de propaganda.

5 Rafa

Con eses 385.000 euros, ¿cantos profesores se contratarían para que, ao comezo do curso escolar, as aulas se desdoblaran e os alumnos deiraxan de estar amoreados e contaxiados polo virus? ¿Cantos?

1 Ruio

Imagina cuántos profesores más tendríamos si pusiéramos a trabajar a los liberados sindicales de la CIG.

2 Antinostrus

Eso tamen se conseguria se os profesores traballasen mais horas..como o resto da cidadania...co pouco que a ranhan e logo de seis meses agochados nas suas casas e imposibel collan Virus algun...

3 Sentidiño

Porque o csif non ten liberados...ah, si que os ten, pero non fan nada...ah, si, que se dedican a pedir máis autoridade para os profes... Eu levo trinta anos a pagar 36 euros por trimestre (ao principio 3.000 pesetas) para que haxa sindicato e para que haxa liberad@s. Ao facherío non lle debemos nada.

4 Daniel F. Noquerol

Perdoa Sentidiño pero se queres liberados podes pagalos tí, sexán da CIG ou da CSIF. Os teus 36 euros non dan nin para os cubatas dos liberados. Páganse con diñeiro público