Música, fotografía e danza na Coruña por unhas artes máis inclusivas

O noveno Encontro Artes pola Integración reunirá a artistas de distintas disciplinas nos días 4, 5 o 6 de setembro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

Xa hai cartel para o Encontro Artes pola Integración que, por noveno ano, terá lugar na Coruña na primeira fin de semana do vindeiro mes de setembro. O festival artístico recollerá un abano de manifestacións pictóricas, musicais e coreográficas centradas na conformación dunhas artes e unha sociedade que poñan o acento na inclusividade para "romper as lagoas" que separan ás persoas con diversidade intelectual e funcional.

Encontro Artes pola integración IX
Encontro Artes pola integración IX | Fonte: Concello da Coruña

O proxecto cultural, que botou a andar en 2008 cun enfoque centrado nas prisión galegas, tomará este ano como escenario principal os inmobles abandonados da cidade herculina, unha escolla que -segundo explican dende a organización- non é casual. "A temática deste novo encontro centrase no uso dos Espazos Abandonados dacidade para presentar as propostas artísticas. Espazos en desuso, apartados ou esquencidos. Unha metáfora ou paralelismo con certas persoas que por ser distintas sofren o abandono social e precisan de ser visibilizadas."

O cartel da proposta, repartida ao longo de tres xornadas, contará con manifestacións artísticas que van dende o grafiti á danza flamenca pasando pola fotografía e a música. Todo iso aderezado cun coloquio para reflexionar sobre o poder das artes á hora de fomentar a integración social. O horario concreto do proxecto pode ser consultado na súa páxina web.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta