Os efectos da pandemia: o prezo da vivenda en Galicia mantense e o aluguer dispárase un 30%

Así o apuntan, respectivamente, os portais inmobiliarios pisos.com e fotocasa.es.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O prezo medio da vivenda en Galicia en agosto de 2020 foi de 1.362 euros por metro cadrado, o que supón un descenso do 0,34% respecto ao mesmo mes do ano anterior, pese ao incremento do 0,81% en relación con xullo, de acordo cos datos do portal inmobiliario pisos.com.

Así, en comparación co mesmo mes de 2019, Pontevedra (+7,27%) foi a quinta capital que máis se revalorizou do estado. Pola súa banda, A Coruña (-2,01%) foi a undécima que máis se depreció no conxunto estatal.Pola súa banda, as cifras que manexa o portal inmobiliario Fotocasa arroxan un incremento do 30% no prezo do aluguer na comunidade galega en cinco anos, desde 2015. Segundo os seus números, neste caso, a cidade máis afectada pola subida do aluguer en Galicia é tamén Pontevedra, cun incremento do 41%.

Vivenda
Vivenda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ga nhan

Iso eé o que lles gustaría... Pero a realidade é moi diferente e sábeno.