Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/09/2020 | Actualizada ás 13:45
A Garda Civil do municipio de Vilar de Barrio tomou declaración en calidade de investigada por un delito de incendio forestal a unha sesaxenaria veciña desta localidade ourensá.
Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración á muller L.C.L., de 62 anos de idade e veciña de Borrán, como presunta autora dun delito de incendio forestal.
Este lume rexistrouse no Inxido, na parroquia de Borrán, o pasado día 13, no que resultaron afectadas 0,2 hectáreas de monte arboledo e 0,1 de monte raso. As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.