Cultura no Camiño marca récord de espectáculos na edición máis atípica de historia

Dende medidados de xullo foron programadas 410 actuacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O circuíto 'Cultura non Camiño+' acaba de pechar a súa edición de 2020 tras ofrecer a cifra de actuacións máis alta da súa historia a pesar da covid-19. Así, desde mediados de xullo programáronse 410 actuacións de música, teatro, danza, novo circo e maxia en 133 concellos, que posibilitaron a contratación de máis de 160 formacións artísticas profesionais galegas.

Segundo informa a Xunta, a posta en marcha do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos da covid-19 permitiu incrementar en máis do triplo a dotación asignada a esa iniciativa, polo que, a pesar dos adiamentos e cancelacións provocadas pola evolución da pandemia, a actividade deste ano superou en máis dun 45% á de 2019, cando levaron a cabo 284 funcións.

O desenvolvemento desta versión ampliada de Cultura non Camiño, para a cal se volveu a contar co patrocinio de Gadis, articulouse a partir dunha convocatoria de subvencións mediante a que a Consellería de Cultura asumiu entre o 60% e o 80% dos custos das contratacións artísticas, en función do número de habitantes dos municipios.

Finalmente, foron 133 dos 150 concellos subvencionados os que conseguiron levar adiante a súa oferta cultural ao amparo desta iniciativa, de xeito que o investimento total achegouse aos 764.000 euros, dos que un 70% foi asumido pola Xunta (530.000 euros).

ESPECTÁCULOS

Na ampla listaxe de artistas e compañías que lle deron forma a esta oitava edición do circuíto, sobresaíron en canto a número de contratacións os distintos espectáculos teatrais producidos por Culturactiva, os concertos de Carlos Núñez, Odaiko e Fanfarria Brassica Rapa, as propostas de novo circo de N+1 Teatro Circo Danza, Desastronauts e Pistacatro, e a maxia de Micromaxias, Meigo Teto e Dani García.

En canto ás modalidades artísticas, no cómputo final destacaron as representacións teatrais, con 142 funcións e os espectáculos musicais, con 129 concertos. Ademais, o público infantil e familiar foi un dos principais destinatarios desta oferta, con 236 actuacións de diferentes xéneros musicais e escénicos, mentres que a programación para público adulto sumou 174 citas.

Unha actuación de teatro. FESTIVAL GALICREQUES
Unha actuación de teatro. FESTIVAL GALICREQUES

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta