Porto do Son, Burela e Nigrán entran no grupo de 36 concellos en alerta vermella por covid

Saen do grao máximo Vimianzo, Ordes, Tui e Salvaterra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

A listaxe de municipios en alerta vermella pola incidencia do coronavirus na última semana baixa este mércores a 36, un menos que o martes, xornada respecto da cal se produce o ingreso no grupo de concellos en aviso máximo de Burela, Porto do Son e Nigrán e a saída de Vimianzo, Ordes, Tui e Salvaterra de Miño.

Así figura no mapa 'semáforo' que cada día actualiza na súa páxina web a Consellería de Sanide, no que as provincias da Coruña e Pontevedra acumulan o groso de localidades marcadas en vermello, pois só cinco dos 36 municipios sinalados nesta cor están en Lugo (4) e en Ourense (1).

Mapa do covid-19 en Galicia a 18 de novembro. SERGAS
Mapa do covid-19 en Galicia a 18 de novembro. SERGAS | Fonte: Europa Press


Respecto ao martes, prodúcense as novidades do ingreso da localidade lucense de Burela no grupo de concellos en alerta máxima, no que tamén entran Porto do Son e Nigrán. Por contra, saen do 'vermello' os concellos coruñeses de Vimianzo e Ordes --ambos en 'laranxa' agora, segundo escalafón de alerta-- e os pontevedreses de Tui e Salvaterra de Miño, que tamén pasan ao 'laranxa'.

Así as cousas, en Pontevedra baixan a 16 os municipios en aviso máximo pola incidencia do coronavirus: Estrada, Lalín, Cambados, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Mos, Moaña, Ponteareas, Tomiño, Nigrán, O Porriño e Vilagarcía de Arousa.

Na Coruña hai 15 concellos coloreados en vermello, un menos que o martes: Ferrol, Narón, Pontedeume, Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, A Laracha, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Cabana, Boiro e Porto do Son.

Pola súa banda, co ingreso no grupo de concellos marcados en 'vermello' de Burela, a provincia de Lugo conta este mércores con 4: Lugo, Sarria, Burela e Vilalba. En Ourense non hai novidades neste apartado e segue Xinzo de Limia como o único municipio en alerta máxima da provincia.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Lugo --máis de 112-- e Vigo --máis de 332--.

NIVEL LARANXA

No segundo nivel de aviso, o laranxa, hai este mércores un total de 23 concellos galegos --un máis--. Na provincia ourensá sae Ribadavia e entra Barbadás, que se suma a Ourense. En Lugo, seguen Chantada, Guntín e Monforte --sen cambios--.

A provincia de Pontevedra, pola súa banda, engade tres novos municipios en laranxa, ata o nove, debido á baixada de Tui e Salvaterra desde o nivel vermello e á subida de Vilaboa desde o verde. Á parte destes, están Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meis, A Guarda, Nigrán e O Grove.

Coas novidades do mércores, A Coruña mantén nove municipios no segundo chanzo de risco: A Coruña, Betanzos, Santiago, Ames, Santa Comba, Cerceda, Ponteceso, Fene e Rois.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fu man chu

Alguén cre que podemos seguir nesta situación indefinidamente. Coa economía paralizada no 70% da Galiza rica. Con pechiños perimetrais que permiten que a xente se siga contaxiando dentro deses recintos. A única solución é a de países que o fixeron ben (Nova Zelandia, Taiwan, Irlanda nesta segunda ola...). Peche total na casa durante un tempo onde están os casos. Co este sistema que levamos nós a economía sofre moito máis que un peche real dun mes. Dino os expertos non eu.