Feijóo pide a todas as administracións que conxelen salarios ante o aumento da débeda

Os parlamentarios galegos seguirán cobrando un mínimo 4.600 euros mensuais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo un chamamento ao goberno de todas as administracións para que conxelen os seus salarios en 2021 nun contexto de crise, despois da "rectificación" do titular do Executivo central, Pedro Sánchez. A preguntas da prensa este mércores en Santiago, Núñez Feijóo lembrou que o Executivo galego manterá sen subidas os seus soldos en 2021, nunha medida de "sentido común" ante unha "inxente débeda pública" no país.

"O mínimo que podemos facer os dirixentes políticos e os gobernos locais, provinciais, autonómicos e centrais é conxelar os nosos salarios dado que o IPC vai estar tamén practicamente conxelado", opina. Deste xeito, espera que a "rectificación" do Goberno central sirva para que o resto de executivos tamén fagan o propio, "como xa anunciou hai uns días a Xunta de Galicia".

"Paréceme moi ben que o presidente do Goberno de España, co seu catro vicepresidentes e os seus 22 ministros, rectifique e conxele os salarios do Goberno central", dixo. "Eu espero que todos os alcaldes e alcaldesas, todos os presidentes de deputacións de España tamén conxelen os salarios", agrega.

"Estamos nun momento no que os gobernos de todo tipo e condición temos que mandar unha mensaxe a todas as persoas que están no paro, nun ERE, nun ERTE, a todos os sectores que están moi tocados pola pandemia", apunta Feijóo.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, xunto ao presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, participa por videoconferencia nos Encontros do Eo. XUNTA
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, xunto ao presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, participa por videoconferencia nos Encontros do Eo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta