A Biblioteca de Verín recibe unha doazón anónima con case 600 negativos fotográficos da comarca dos ano 30 e 40

As imaxes chegaron en 36 sobres.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 30/11/2020 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

A Biblioteca do Concello de Verín (Ourense) recibiu unha doazón anónima cun total de 571 negativos fotográficos dos anos 30 e 40 do pasado século. Segundo informa o Concello, estas imaxes da comarca chegaron en 36 sobres. Contan con diferentes estados de conservación, xa que algunhas están nunha situación "perfecta" mentres outras teñen difícil arranxo.

Negativos fotográficos doados de forma anónima á Biblioteca de Verín
Negativos fotográficos doados de forma anónima á Biblioteca de Verín | Fonte: Concello de Verín.

Os responsable da biblioteca traballan no proceso de dixitalización e salvagarda do material, coa limpeza de negativos. Colabora a fotorreporteira xa xubilada Flor Fernández.

"Esta doazón supón unha importantísima achega aos fondos locais das nosas instalacións", explican por parte desta biblioteca.

Os estudos de fotografía responsables dos revelados dos negativos son na súa maioría de Ourense. En moitos deles non consta o nome dos propietarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta