Santiago e Ourense, primeiras cidades que saen das restricións máis severas e poderían abrir bares

Entran en restricións de nivel máximo A Guarda e As Pontes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/12/2020 | Actualizada ás 22:59

Comparte esta noticia

Ourense e Santiago de Compostela son as primeiras grandes cidades galegas que saen das restricións máis severas para afrontar a evolución da pandemia de coronavirus, segundo acordou o comité clínico este martes, nunha reunión que se prolongou durante un catro horas. Isto podería supor que se permitira a apertura de locais de hostalaría, pero o comité informará desta posibilidade o martes.

Varios axentes de Policía Nacional dan o alto a un vehículo nun control de mobilidade
Varios axentes de Policía Nacional dan o alto a un vehículo nun control de mobilidade | Fonte: Europa Press

Xunto con Ourense pasan a fase dúas tamén Barbadás e Pereiro de Aguiar e saen tamén do peche perimetral conxunto coa capital galega Ames e Teo. Así mesmo, pasan a fase dúas os municipios da Estrada  e Ares.

Por contra, o comité clínico decidiu incrementar as restricións ao nivel máximo, coñecido como modelo O Carballiño, na Guarda e As Pontes, dada a súa evolución epidemiolóxica. Así mesmo, acórdase manter unha especial vixilancia sobre Boiro, Ordes e Cerceda, na provincia da Coruña, así como sobre A Rúa (Ourense) e A Lama (Pontevedra).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta