O aloxamento en casas rurais cae un 83% e nos cámpings un 58% en novembro

Os apartamentos turísticos son os que mellor resisten en novembro en Galicia, cunha caída do 28,42%.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/01/2021 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

Os apartamentos turísticos son os aloxamentos extrahoteleiros que mellor resistiron á crise provocada pola pandemia da covid en novembro en Galicia, ao rexistrar unha caída do 28,42% nas súas pernotaccións, ata un total de 10.354, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Mentres, os aloxamentos de turismo rural, con 2.293 pernoctacións na comunidade galega, experimentaron un descenso do 83,1%, e os cámpings baixaron un 57,75%, ata 436.

Con todo, o índice de prezos dos aloxamentos de turismo rural galegos anotouse unha alza do 0,84% o undécimo mes do ano, fronte á diminución da media. A estatística do INE non dispón de información sobre o ocorrido cos albergues galegos.

No conxunto estatal, as pernoctacóns en aloxamentos extrahoteleiros (apartamentos turísticos, cámpings, aloxamentos de turismo rural e albergues turísticos) superaron os 1,4 millóns o pasado mes de novembro, cun descenso do 75% respecto dos 5,8 millóns de pernoctacións rexistradas no mesmo mes de 2019.

Turistas No Obradoiro No Final Da Ponte Da Constitución. EUROPA PRESS - Arquivo
Turistas No Obradoiro No Final Da Ponte Da Constitución. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta