Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 10/01/2021 | Actualizada ás 12:00
Para darmos a entender que unha persoa presenta unha meirande estatura ca outra podemos simplemente dicir que é máis alta ca estoutra, ou mesmo tamén, botando man dunha secuencia fraseolóxica, que lle come as papas na cabeza.
Ser más alto que alguien
{= Ter maior estatura ca alguén.}
Comerlle as papas na cabeza a alguén
[E MAIS, COMO SECUENCIAS NON FRASEOLÓXICAS]:
Ser máis alto ca alguén
Ser máis grande ca alguén
Ex.: ¡Menudo estirón que ha dado el niño: ya es más alto que su padre!
¡Vaites estirón que deu o cativo: xa lle come as papas na cabeza ó pai!
NOTA:
As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html.
- Domínguez Rial, Evaristo: “Fraseoloxía e paremioloxía de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, Carballo e Coristanco”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 13, 2011, páxs. 301-404. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Franco Grande, Xosé Luís: Manuel Leiras Pulpeiro. Obra Completa. Ed. Galaxia, 1970.
- Goce Denís, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/
- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Veiga Díaz, Maite: “Pequena contribución á fraseoloxía galega”. Cadernos de Lingua, 14, 1996, páxs. 85-100.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.