O PSdeG censura o "escapismo" de Feijóo que "un día critica aos cidadáns e outro ao Goberno central"

Pide consensuar un novo plan económico tras fracasar o que tiña a Xunta pola terceira ondaAcusa a Feijóo de tratar de ocultar "o seu suspenso" coa hostalaría "responsabilizando" a concellos e deputacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2021 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que a planificación económica da Xunta para 2021 "veu abaixo" coa terceira onda da covid-19 e chamou ao Goberno galego a "dialogar" para "construír entre todos" unha "folla de reconstrución" de Galicia.

Gonzalo Caballero pronunciouse deste xeito durante un encontro cos medios mantido este venres en Santiago de Compostela, no que sostivo que a terceira onda de contagios mostra que "toda a formulación da política económica" do Goberno galego para protexer aos sectores afectados polas medidas está "en cuestión".

"Non existe ningún mecanismo para salvar e rescatar a tantos miles de pequenos comercios, restaurantes e bares que ven afectados as decisións restritivas da mobilidade e á interacción social decretadas pola Xunta", manifestou. Neste contexto, considerou que unha crise de "tanta envergadura" require o traballo de "todos" para elaborar unha "folla de reconstrución" para unha Galicia moi afectada, do mesmo xeito que o resto de Europa, no económico o sanitario e o social.

"Tendemos a man, unha vez máis, para compartir e construír esa folla de ruta porque atopamos que existe unha incapacidade do Goberno da Xunta para xestionar unha política económica que protexa aos sectores e ás perosnas afectadas", apuntou.

Gonzalo Caballero subliñou que "os datos" esixen que a Xunta "reformule toda a súa programación económica" e lembrou que o balance en 2020 limitouse a 22 millóns para protexer á hostalaría e estes secotores. "Se o Gobeirno de España remitiu 224 millóns en 2020 para a reactivación de Galicia, que fai a Xunta que en todo 2020 ante a maior crise dedicou só 22 millóns de forma efectiva", manifestou.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"AUSENTE"

Nesta liña, criticou tamén que o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, mantivésese todos estes meses "ausente" do diálogo coas forzas da oposición. "O razoable sería marcar unha axenda distinta e buscar acordos para protexer a saúde e a reactivación economica pero, ao longo de todos estes meses, non houbo ningunha reunión para compartir unha folla de ruta sobre a que teriamos que estar a elaborar as prioridades orzamentarias e a procura de fondos europeos para Galicia", apuntou.

"O PP fixo os orzamentos sen prever esta terceira onda, sen prever mecanismos de protección e sen contar con ningún acordo previo", apuntou Gonzalo Caballero.

"ESCALADA DE ESCAPISMO"

"Os fondos están na man da Xunta", subliñou Gonzalo Caballero, que criticou tamén a "escalada de escapismo" de Feijóo ao atribuír as responsabilidades da situación a outras administracións ou a propia cidadanía. "Un día di que a responsabilidade é do Goberno de España, outro día di que é da cidadanía", censurou.

Tras iso e en referencia á proposta do Ejecutuvo autonómico de crear un fondo de axudas para a hostalaría financiado pola Xunta, as deputacións e os concellos, criticou tamén que agora traslade a responsabilidade a unhas institucións que "non recibiron nunguna partida extraordianria para protexer a economía".

"Os fondos chegaron á Xunta, van chegar en 2021 á Xunta para protexer a economía e Feijóo non pode escudar o seu suspenso á hora de protexer á hostalaría, ao comercio e aos autónomos tentando botar responsabilidades agora aos concellos e deputacións que están a traballar cunhas finanzas debilitadas e cumprindo con competencias que tiña que estar a facer a Xunta", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta