O SLG alerta dun incremento na plantación de eucaliptos "para eludir a moratoria" da Xunta

Afirma que están a recibir "numerosas queixas" nas súas oficinas comarcais "sobre persoas propietarias de leiras que están a realizar novas plantacións.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/03/2021 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) rexistrou un escrito dirixido á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal "advertíndolle do efecto chamada que provocou o anuncio de impor unha moratoria na plantación de eucaliptos en Galicia", informa.

Esta organización apoia a moratoria, pero argumenta que a mesma debe establecerse "de maneira inmediata, cun regulamento concreto e claro para o seu desenvolvemento e con suficientes recursos para garantir o seu cumprimento pois, pola contra, podería provocar un resultado oposto ao pretendido: que aumente aínda máis a superficie de eucalipto".

Respecto diso, afirma que están a recibir "numerosas queixas" nas súas oficinas comarcais "sobre persoas propietarias de leiras que están a realizar novas plantacións para eludir a moratoria, mesmo en leiras de uso agrícola", unha situación que vincula con "a inacción" da Consellería de Medio Rural en relación ás infraccións por forestación de terras agrarias.

En base a estes argumentos, o SLG pide que se intensifiquen as tarefas de seguimento e control das plantacións ilegais, "reforzando os recursos para tal fin, en especial nos distritos forestais, que se faga cumprir a lexislación actual, e que se definan, canto antes, as medidas concretas sobre a moratoria de plantación" desta especie en Galicia.

Plantación de eucaliptos / Coordinadora Ecoloxista.  / Europa Press
Plantación de eucaliptos / Coordinadora Ecoloxista. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta