As homenaxes a Carvalho Calero seguen adiante cunha conferencia para explorar a súa memoria

Terá lugar o vindeiro 25 de marzo, cabodano do seu pasamento, e será emitida en streaming.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A homenaxe a Ricardo Carvalho Calero prosegue malia a fin do ano no que, tras longa demora, se lle concederon as Letras Galegas a unha das figuras máis relevantes da nosa lingua e literatura na segunda metade do S.XX. A polémica decisión da Real Academia Galega de non prolongar a celebración do primeiro mestre universitario de galego --criticada no seu momento polo movemento asociativo-- vén de ser respondida agora co anuncio dunhas xornadas en lembraza do mestre do lusismo reintegracionista.

Ricardo Carvalho Calero. XUNTA - Arquivo
Ricardo Carvalho Calero. XUNTA - Arquivo

A celebración en memoria de Carvalho Calero terá lugar o vindeiro 25 de marzo, coincidindo coa data do seu pasamento. A xornada en cuestión recibirá por título "Carvalho, Lingua e Terra" e estará organizada por Galiza Cultura en colaboración coas deputacións da Coruña, de Lugo e de Pontevedra. Por mor das circunstancias sanitarias, terá lugar online ás 20:00 horas do nomeado día pola canle de youtube de Galiza Cultura.

A xornada contará coas intervencións de algúns dos máis distinguidos coñecedores e estudosos da figura deste ilustre ferrolán, entre eles María Victoria Carballo-Calero Ramos, Manuel Castelao Mexuto e Mª Pilar García Negro. O obxectivo é manter a celebración de Carvalho nun ano no que os actos de divulgación e memoria non se puideron celebrar "nin no ensino nin nas asociacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta