O Consultivo ve inconstitucional a parte da Lei de Cambio Climático

A Xunta pide que se modifique o que ten que ver coas limitacións na costa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2021 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O Consello Consultivo de Galicia emitiu un informe no que considera "inconstitucional" parte do articulado da Lei de Cambio Climático, unha norma envolta nunha polémica a dúas bandas entre o Goberno central e a Xunta pola súa suposta afectación ao sector conserveiro e industrial do litoral galego e, en concreto, á situación de empresas como Ence en Pontevedra.

O informe, segundo indicou a Xunta, afecta precisamente o artigo 18.4 desta norma, o punto máis criticado pola Administración galega pola súa suposta afectación ás prórrogas das concesións do tecido empresarial que se atopa no dominio público marítimo terrestre e concedidas antes da súa entrada en vigor.

O Consello Consultivo considera que a redacción deste artigo terá consecuencias nese réxime de prórroga extraordinaria que contempla a vixente Lei de Costas e, por iso, limitará o prazo de ata 75 anos que permite esta normativa ao ter unha "evidente eficacia retroactiva tácita".

O organismo sinala que ese foi o propósito do Goberno central e que así se desprende da propia Lei de Cambio Climático, polo que o artigo afectará tanto os prazos de duración destas concesións e das prórrogas outorgadas antes da súa entrada en vigor, como tamén á validez que os actos administrativos ditados ao amparo do texto anterior.

En definitiva, engade a Xunta, o informe conclúe que o punto 18.4 da Lei é inconstitucional por vulnerar "o principio de seguridade xurídica" que recolle o artigo 9.3 da Constitución.

A XUNTA INSTA A MODIFICAR O TEXTO

O Goberno galego, pola súa banda, destacou que o Consultivo a corroborado os argumentos esgrimidos pola súa Asesoría Xurídica para xustificar a eliminación do citado artigo da norma. A Xunta remitira devandito informe ao Goberno central xunto a unha misiva para advertir que ese punto é "frontalmente inconstitucional", ademais de determinar que este apartado da norma e o 18.3 son "contrarios á seguridade xurídica".

Biofábrica de Ence en Pontevedra. ENCE
Biofábrica de Ence en Pontevedra. ENCE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta