O naval ferrolá deixa a 1.500 traballadores na rúa pola falta de encargas

O comité de empresa de Navantia pide á Armada que renove os seus buques: "estamos dispostos para calquera encargo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2021 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Emilio García Juanatey (CC.OO.), cifrou "nuns 1.500" os traballadores das compañías auxiliares que deixaron o estaleiro debido á falta de carga de traballo, unha vez foron completadas as tarefas que cada unha das compañías tiña encomendadas na construción do buque AOR para a Armada de Australia.

Este mércores os empregados públicos e de auxiliares realizou unha manifestación para reclamar carga de traballo. CIG, CCOO e UGT convocaron esta protesta para reclamar ao Goberno central e á Xunta solucións para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Os operarios de Navantia Ferrol piden máis carga de traballo
Os operarios de Navantia Ferrol piden máis carga de traballo | Fonte: Europa Press.

O representante dos traballadores asegurou que o proxecto para a construción das novas fragatas F-110 para a Armada española "vai ben, todos os indicadores apuntan a que as cousas avanzan correctamente". Estima que "a mediados do ano que vén xa se estaría con traballos aquí", mentres "a enxeñaría de detalle está previsto que comece o 1 de xuño".

No caso do estaleiro de Fene, dedicado agora ao ámbito das estruturas da eólica mariña, "vai haber moito traballo, co proxecto de Saint-Brieuc, o máis grande xamais realizado aquí", polo que "tamén hai posibilidades de futuro". En canto á transformación do buque de transporte civil 'Galicia', que o Ministerio de Defensa adquiriu á naviera Suardiaz, García Juanatey apuntou: "Imos pedir que a transformación se faga en Navantia e de maneira inmediata, a pesar de que as necesidades do barco para o Exército sexan aínda máis tarde".

Por último, o representante sindical considera que "a Armada ten que avanzar na renovación de buques, con moitos barcos obsoletos, como é o caso do 'Patiño', e buques oceanográficos". "Ademais de ter en conta a vertente militar, tamén é necesario sopesar a parte industrial e social, sobre todo agora, que é cando non temos que facer", opina. "A nós válenos calquera cousa, un AOR, un BAM ou os oceanográficos, estamos dispostos para calquera encargo", sentenza García Juanatey.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta