O 85% dos concellos galegos súmase ao pacto europeo polo clima

Forma parte dun programa que congrega a 271 consistorios dos 313 da Comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2021 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

Un total de 271 concellos galegos, que representan o 85% do total, xa se adheriron ao Pacto Europeo das Alcaldías polo Clima e a Enerxía, coordinado en Galicia pola Xunta. Esta cifra alcanzouse tras 30 novas incorporacións rexistradas nos últimos meses. De acordo con datos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, os 271 municipios que xa participan nesta iniciativa reúnen a un total de 2,2 millóns de cidadáns, un 80% da poboación actual da Comunidade galega.

Fragas do Eume / flic.kr/p/473Hn5
Fragas do Eume / flic.kr/p/473Hn5

O Pacto Europeo dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía trátase dunha iniciativa que a Comisión Europea puxo en marcha no ano 2008 e que está aberta a todas as cidades e municipios da Unión, para involucrar ás autoridades locais e os cidadáns na conquista dos seus obxectivos.

Nesta liña, o primeiro informe de seguimento da estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, presentado esta semana no Consello da Xunta, desvelou que, con este pacto de alcaldes, acelérase a redución de emisións con "máis de 317 millóns de euros executados de máis de 170 medidas recollidas ata o ano 2023".

De feito, co obxectivo de axudar aos concellos neste reto, a Consellería de Medio Ambiente convocou axudas dirixidas a estas institucións para que elaboren Plans de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACE). As subvencións, sostén a Xunta, contribuíron á presentación de 175 PACE, nos que se identifican en conxunto 170 medidas que se implantarán nos municipios adscritos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta