Sindicatos sitúan no 100% o seguimento da primeira xornada de folga convocada en Celsa Atlantic

O comité di que a da Laracha "é a única" factoría do grupo que carece de convenio propio o que fai que sexan "os traballadores cos salarios máis baixos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2021 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Os sindicatos sitúan no 100% o seguimento da primeira xornada de folga convocada na planta de Celsa Atlantic da Laracha (A Coruña) para demandar o "desbloqueo" da negociación para renovar o convenio colectivo.

O primeiro dos paros comezou ás 06,00 horas deste luns e concluirá 24 horas máis tarde. Segundo a CIG, a totalidade do persoal (con excepción dos servizos mínimos e a dirección) secundou a folga.

As accións continuarán o vindeiro mércores cun novo parón de 24 horas, mentres que para a xornada do sábado os empregados de Celsa Atlantic están chamados á folga entre as 06,00 e as 22,00 horas.

O motivo desta folga é forzar á compañía a retomar o proceso de negocicación para renovar o convenio colectivo, que permenece "estancado" durante "meses". Así o manifesta a CIG, que responsabiliza á dirección da empresa da falta de avances pola súa "negativa a asumir ningunha das melloras trasladadas pola parte social".

Ademais, os traballadores tamén reclama "a posta en marcha inmediata" dun plan de investimentos que "garanta" a viabilidade das instalacións "e permita recuperar todas as capacidades produtivas".

"Levamos ano e medio negociando e as posturas seguen estando moi afastadas", denunciou o presidente do comité de empresa, Agustín Méndez, que lembrou que a da Laracha "é a única" factoría do grupo que carece de convenio propio o que fai que sexan "os traballadores cos salarios máis baixos".

Celsa atlantic en A Laracha
Celsa atlantic en A Laracha | Fonte: páxinasgalegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta