Allariz visibiliza nas rúas 10 anos de excavacións na 'Cibdá de Armea'

O Concellode Allariz e a Universidade de Vigo celebran durante este verán o X Aniversario do comezo do proxecto Armea tras atopar o xacemento arqueolóxico de Santa Mariña de Augas Santas. Unha exposición de rúa lucirá no Casco Histórico con 24 lonas con imaxes e texto alusivos aos traballos realizados ata agora.

Por X.M. Fernández | Allariz | 04/07/2021 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Durante todo o verán realizaranse varias iniciativas que pretenden por en valor o proxecto e o patrimonio arqueolóxico como unha ferramenta de protección e desenvolvemento do territorio.

Presentación da exposición. Foto: Prensa do Concello de Allariz
Presentación da exposición. Foto: Prensa do Concello de Allariz

Logo da apertura da exposición “Armea, a visión dos artistas locais”, que estará na Paneira ata o 25 de Xullo, os operarios municipais colocaron estes días as 24 lonas que lucirán no Casco Histórico de Allariz. Esta exposición de rúa estará todo o verán, dando a coñecer estes 10 anos de traballos. Unha gran mostra gráfica á que achegarse de maneira amena e didáctica mentres paseamos polas rúas de Allariz.

A mostra está dividida en varias temáticas: As orixes, os materiais arqueolóxicos, o traballo de campo, o valor educativo, convenio, medios etc.. e varias vistas xerais inéditas da escavación.

PROXECTO CANDIDATO AOS PREMIOS HISPANIA NOSTRA 2021

A colección de imaxes xorde froito do traballo de preparación da candidatura do proxecto Armea para os premios Hispania Nostra 2021 na categoría  á Conservación do Patrimonio como factor de desenvolvemento económico e social.

As imaxes foron cedidas de diversas fontes como o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, debuxos orixinais de Conde Balvís, Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón da Coruña e do arquivo municipal do Concello de Allariz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta