Sanidade permite ampliar a extensión das terrazas nos municipios en nivel alto de restricións

Está ideado para supoñer un "alivio" aos hosteleiros ante as últimas medidas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2021 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Os concellos da comarca do Salnés que actualmente están no nivel alto de restricións, o que implica ter só terrazas de hostalaría ao 50 por cento (e interiores pechados), farán un alivio temporal para os establecementos da hostalaría, co visto e prace da Consellería de Sanidade. Así, de forma temporal deixaráselles ocupar máis espazo da vía pública do que teñen na licenza, o que lles permite, automaticamente, pór máis mesas e alcanzar o 100 por cen dos asentos sen saltarse as restricións do Diario Oficial de Galicia (DOG).

Esta medida foi abordada en conversación co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, con alcaldes da localidade, despois da reunión do subcomité clínico deste venres, na que os alcaldes da zona pediron revisar o nivel alto de restricións que pesa sobre Vilagarcía de Arousa, A Illa ou Cambados, entre outros. Non así en Sanxenxo, da mesma comarca e da mesma área sanitaria, que presenta datos epidemiolóxicos do mesmo nivel que os outros municipios pero para o cal a Consellería de Sanidade decidiu unhas medidas menos restritivas que lle permite manter aberto o lecer nocturno e os interiores dos establecementos de hostalaría.

A solución para o grupo de municipios en nivel alto supón, en síntese, que poidan ocupar o dobre do espazo que teñen asignado por licenza municipal, para poder manter a distancia entre mesas e, así, poder servir en todas elas sen saltarse o límite legal do 50 por cento. Para iso, segundo as fontes municipais consultadas, déronse instrucións ás policías locais desta medida "temporal".

Comesaña e outras autoridades sanitarias na rolda de prensa do comité clínico
Comesaña e outras autoridades sanitarias na rolda de prensa do comité clínico | Fonte: Conchi Paz - Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta