A covid impulsa o turismo arqueolóxico, un novo modelo sustentable e seguro lonxe do turismo de masas

Un estudo sobre o fluxo turístico e as condicións sanitarias impostas en once lugares arqueolóxicos de Galicia, tanto no interior como no exterior, entre xuño e setembro do pasado ano, acredita a importancia que o turismo arqueolóxico está collendo en época de pandemia na que priman normas sanitarias estrictas e controis de aforos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/07/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O turismo arqueolóxico estase poñendo de moda. A covid provocou un cambio de hábitos que favorece a visita a bens arqueolóxicos, especialmente, ao aire libre. De feito, o fluxo de turistas a este tipo de enclaves non só se reduciu, senón que aumentou a pesar da covid. E, en gran medida, porque se trata de lugares nos que a xente pode interactuar gardando distancias de seguridade e, polo tanto, evitar posibles contaxios.

Castro de Baroña, en Porto do Son
Castro de Baroña, en Porto do Son

Así o acredita o informe "Los efectos de la pandemia de COVID-19 en enclaves arqueológicos al aire libre en Galicia", de Estrela C. García García e publicado no Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico. Neste estudo, a autora puido comprobar que, efectivamente, os centros ao aire libre tiveron un menor descenso de visitas, o cal demostra que o seu modelo turístico e as características intrínsecas que os definen foron chave para atraer ao visitante nun contexto de emerxencia sanitaria mundial. Un fenómeno que tamén pode ser un forte indicador dun cambio de rumbo na dirección na cal o arqueoturismo se produce, "abandonando o modelo de turismo de masas a un máis sustentable e pausado".

Un modelo de turismo que avanza seguro no sector da cultura. Segundo os informes semanais do Ministerio de Sanidade e o Centro de Coordinación Nacional de Alertas e Emerxencias Sanitarias sobre a evolución e situación da pandemia en España, a 23 de outubro de 2020, no sector cultural soamente se detectaran un total de 5 gromos desde o mes de maio. Isto supón un 0,025 % do total de focos con casos rexistrados, o cal indica que, seguindo as recomendacións estipuladas e as medidas de protección sanitaria, o sector da cultura garante un grao moi alto de seguridade tanto para o visitante como para o persoal traballador.

SITIOS ARQUEOLÓXICOS

Algo que acredita tamén o informe de Estrela C. García no que se analizan os efecto que esta enfermidade tivo no período estival do 2020 en lugares ou centros culturais con arte rupestre ou xacementos arqueolóxicos da prehistoria recente ao aire libre e pechados, situados en Galicia.

Así, estudou o fluxo de visitantes en sitios ao airel libre como o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro o PAAR (Praderrei, Pontevedra), Área Arqueolóxica de Mogor (Marín, Pontevedra), Parque Arqueolóxico de la Cultura Castreña de Ourense o PACC (Puxín, Ourense), Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo), Castro de Elviña (A Coruña, A Coruña) e Castro de Santa Tegra (Oia, Pontevedra). Tamén analizou o turismo arqueolóxico en sitios pechados como o Museo Provincial de Lugo, Centro Arqueolóxico del Dolmen de Dombate (Bergantiños, A Coruña), Museo Arqueolóxico de Ourense- Sala de Exposicións de San Francisco “Escolma de Escultura” (Ourense, Ourense), Museo de Pontevedra, Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón (A Coruña) e Centro de Interpretación de A Caeira (Poio, Pontevedra)

Neste sentido, revisou o fluxo de visitantes entre os meses de xuño e setembro para examinar cal foi o comportamento do público neste novo contexto tras a primeira onda da pandemia, o primeiro confinamento domiciliario e o proceso de desescalada. Os resultados analizaronse tendo en conta estes datos e outros factores que foron chaves nese contexto como son a presenza en redes das institucións culturais e as restricións de mobilidade, entre outros.

E nas conclusións queda claro que os turistas prefiren as áreas musealizadas ao aire libre que os museos por ser estas zonas máis fechadas a pesar da limitación de aforos. Ademais, os bens ao aire libre foron dos que menos sufriron as consecuencias desta pandemia xa que, ao contrario que outros bens mobles expostos en museos, non necesitaron de limpezas ou de desinfeccións con produtos posiblemente abrasivos e nocivos.

CAMBIO DE MODELO TURÍSTICO NA ARQUEOLOXÍA

Ademais, a Covid tivo outro aspecto positivo para a propia conservación dos bens arqueolóxicos. "Á súa vez, o peche derivado do confinamento domiciliario na primavera de 2020, xunto co reducido fluxo de visitantes posterior, contribuíu a frear o desgaste que a propia visita do público provoca, o que en parte beneficia a conservación de numerosos bens arqueolóxicos e xacementos", apunta a autora do informe.

Por iso, esta situación excepcional tamén sacou a relucir unha realidade que desde fai anos se debate no ámbito do turismo cultural e arqueolóxico; o relativo ao turismo de masas. "Grazas á reducción de aforos, e por suposto o peche total do confinamento domiciliario de marzo de 2020, o desgaste e a erosión naturais víronse reducidas debido ao menor número de afluencia nestes lugares", destaca.

Ademais, o control do aforo nestes lugares, axudou tamén a propia preservación dos bens. "A presenza dun menor número de visitantes foi un sopro de aire fresco nestes enclaves, e demostrou que outro modelo de turismo arqueolóxico é posible, un no cal se mantén maior equilibrio entre benestar do xacemento e do público", recolle o informe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta