Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2021 | Actualizada ás 22:20
Pode a protección de elementos patrimonias comos os petróglifos axudar a contribuír ou diminuír os efectos dos incendios dorestais? Esta é a pregunta á que pretende dar resposta o proxecto Paleointerfaz, levado a cabo por investigadores e investigadoras da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.
Na vaga de lumes que en outubro de 2017 asolaron Galicia, observouse como as labores de conservación e roza da vexetación da contorna da área arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas axudaron a que as lapas non se expallasen máis. A protección das pinturas rupestres evitaron que o lume alcanzase unha masa boscosa próxima.
Este feito impulsou aos investigadores do campus pontevedrés a desenvolver o proxecto Paleointerfaz, seleccionado na convocatoria de proxectos de I+D+i Retos Investigación, do Ministerio de Ciencia. Julia Armesto, a principal investigadora, destaca que ten como obxectivo "o desenvolvemento de ferramentas e estratexias de xestión integrada de xacementos arqueolóxicos e incendios forestais".
Dita investigación céntrase en elementos patrimonias como os pretróglifos e a súa conservación, tendo en conta que pode haber accións conxuntas entre as labores para preservalos e as accións contra a propagación dos lumes. O proxecto estenderase ata o 2024, e utilizará metodoloxías baseadas en "tecnoloxías cartográficas multiespectrais" que permitan a detección e caracterización de puntos onde conflúan petroglifos e zonas boscosas onde o risco de incendio é maior.
O BAIXO E AS NEVES
A primeira parte do proxecto centrará o seu traballo nas zonas do Baixo Miño e no Concello de As Neves, pola súa alta densidade de petróglifos. Armenteros explica que estas localizacións "son susceptibles de cumprrir esa dobre función". Para levalo a cabo utilizarase a tecnoloxía LiDAR, uso de drons e imaxes por satélite para reunir información das áreas. As tecnoloxías 3D axudarán, pola súa banda, a "radiografar a estrutura da vexetación e a xeometría da masas forestais" para estudar como se podería comportar un posible incendio.
As diferentes ferramentas permitirán elaborar unha xestión conxunta dos montes, ademais de desenvolver simulacións de como afectaría o lume aos propios petróglifos. "O obxectivo é ver que hai que facer para que unha correcta xestión de elementos culturalmente valiosos permita xerar un territorio máis resiliente ante os lumes forestais", engade o director da escola de Enxeñaría Forestal, Juan Picos, quen destaca que o proxecto pode "facer máis eficientes", os investimentos das administracións para a prevención de lumes e mantemento do patrimonio cultural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.