CIG-Banca rexeita o ERE do Sabadell en Galicia logo duns beneficios de 220 millóns no primeiro semestre do ano

Así o trasladou a sección sindical do banco nunha reunión convocada este xoves pola dirección da entidade, como paso previo á constitución da mesa negociadora e para dar comezo a reunións do período informal establecido por convenio, que ten unha duración de dez días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2021 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

A CIG-Banca mostrou o seu "rexeitamento máis rotundo" aos ERE que pretende aplicar o Banco Sabadell e que afectaría a 1.900 traballadores en Galicia. En concreto, un expediente de despedimento colectivo, outro de mobilidade xeográfica e outro de modificación substancial de condicións de traballo.

O sindicato cuestionou a presentación do ERE despois de que a entidade lograse un beneficio de 220 millóns de euros no primeiro semestre do ano, un 51 por cento máis que en 2020. É por iso que advirte de que presentará "batalla" e avisa de que haberá "conflito" en caso de despedimentos.

Así o trasladou a sección sindical do banco nunha reunión convocada este xoves pola dirección da entidade, como paso previo á constitución da mesa negociadora e para dar comezo a reunións do período informal establecido por convenio, que ten unha duración de dez días.

A CIG advirte que "no banco non sobra ninguén" e ironiza coa contratación este ano de 200 'talentos' e unha decena de colaboradores para reorganizar a cúpula directiva e que agora se tente aplicar este ERE.

"A súa conclusión é que hai que acomodarse ás circunstancias do mercado, buscar unha sustentabilidade a longo prazo e axustar custos, cando no seu plan estratéxico aseguraban que non acometerían máis recortes de persoal despois do axuste de 1.800 persoas que saíron no primeiro trimestre do ano", denuncian.

BancoSabadell Atlántico. BancoSabadell - Arquivo
BancoSabadell Atlántico. BancoSabadell - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Seica non van deixar a ninguén atrás... (para dar conta da desfeita) ! https://twitter.com/00Gamela/status...