Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2021 | Actualizada ás 10:16
Unha muller foi evacuada a un centro médico tras producirse un incendio nunha vivenda situada nun edificio de catro plantas en Vilagarcía de Arousa.
Segundo detallou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar na avenida de Agustín Romerp ao redor das 3,00 horas deste mércores. Tras ser alertado do lume por un particular, o CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilagarcía, da Policía Local e Nacional e Protección Civil.
Finalmente, unha muller foi trasladada a un centro médico tras o incendio declarado na vivenda, en cuxo interior arderon un armario, roupa e un colchón.
INCENDIO EN AMES
Por outra banda, un incendio orixinado no cadro eléctrico dun inmoble situado na rúa Pardiñeiros de Ames levou que os servizos de emerxencia desaloxasen o edificio, aínda que non houbo feridos.
O 112 Galicia foi alertado deste incendio por un particular sobre as 6,30 horas deste mércores, tras o que puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Local, os Bombeiros de Boiro, o GES de Brión, Protección Civil e os Bombeiros de Santiago. Tras a extinción das chamas, que queimaron o cadro eléctrico por completo, os veciños puideron regresar ás súas vivendas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.