Nova protesta dos traballadores de Vestas con cortes na estrada LU-862

Manteñen as protestas polo ERE extintivo que afecta aos 115 empregados.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 08/10/2021 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

Traballadores de Vestas cortaron esta tarde de venres a estrada LU-862, no acceso á rotonda de Area, en Viveiro, en protesta polo ERE extintivo que afecta aos 115 empregados.

Traballadores de Vestas cortan a estrada LU-862 cunha barricada de pneumáticos en chamas
Traballadores de Vestas cortan a estrada LU-862 cunha barricada de pneumáticos en chamas | Fonte: Europa Press.

A protesta realizouse desde as 18,00 horas con cánticos como: 'A Mariña sálvase loitando", 'Queremos traballar e non emigrar'. Igualmente, lanzaron petardos e fixeron soar bucinas.

Esta mobilización realízase despois de que esta semana a reunión entre a dirección de Vestas e o comité de empresa para abordar o ERE concluíse sen acordo nin entendemento entre as partes.

O comité denuncia que a dirección "está enrocada e non retira o ERE baixo ningún concepto". Os representantes dos traballadores insisten na necesidade de paralizar o ERE "para garantir a negociación en tempo dunha saída e lograr o correcto funcionamento da mesa industrial" constituída por iniciativa da Xunta, na que se busca unha alternativa para o mantemento do emprego.

Así mesmo, este venres volveron a realizar a concentración diaria ante a fábrica de Chavín, nunha xornada na que o comité recibiu a visita de representantes do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta