Temas: FRASEOLOXíA

“Ás abaixadas”, “baixiño” ou “en voz baixa”, equivalentes ás castelás “en voz baja” ou “por lo bajini”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 11/12/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Naqueles casos en que unha persoa adopta na súa expresión oral un ton de voz moi feble ou baixo, nomeadamente coa intención de unicamente ser escoitada polo destinatario ou destinatarios da súa mensaxe, en castelán, á parte de se dicir que fala, comenta... algo en voz baja, tampouco é raro sentir que o fai por lo bajini.

Imaxe da campaña #falarural de Greenpeace
Imaxe da campaña #falarural de Greenpeace | Fonte: Facebook Greenpeace Galicia

Vexamos secuencias expresivas que dan conta en galego dese mesmo significado.

(Decir # Hablar # Comentar...) En voz baja

(Decir # Hablar # Comentar...) Por lo bajini(s)

(Decir # Hablar # Comentar...) Bajito

{= (Dicir #Falar # Comentar...) Nun ton de voz feble ou baixo, sexa por mor de querer ser unicamente escoitado polo destinatario ou destinatarios da súa mensaxe, sexa por non querer molestar, sexa por problemas vocálicos...}

(Dicir # Falar # Comentar...) Ás abaixadas

(Dicir # Falar # Comentar...) Baixiño

(Dicir # Falar # Comentar...) En voz baixa

Ex.: Hablad en voz baja, por favor, que estáis molestando a los que sí quieren escuchar la ponencia.

Falade ás abaixadas baixiño en voz baixa, por favor, que estades a molestar ós que si queren escoitar o relatorio.

Ex.: Le dijo por lo bajini que saliera al pasillo, que la policía quería hablar con él.

Díxolle ás abaixadas baixiño en voz baixa que saíra ó corredor, que a policía quería falar con el.

● Tamén:

(Decir # Hablar # Comentar...) Por lo bajo && (Decir # Hablar # Comentar...) Por lo bajito

(Dicir # Falar # Comentar...) Polo baixo && (Dicir # Falar # Comentar...) Polo baixiño

● Tamén, e sobre todo naqueles contextos en que alguén se expresa en voz baixa falando coma para si, practicamente sen intención de ser oído:

(Dicir # Falar # Comentar...) Coa lingua pequena && (Dicir # Falar # Comentar...) Coa boca pequena

Ex.: “¡Así revientes de tanto jalar, capullo!”, dije en voz baja por lo bajinis.

“¡Así rebentes de tanto chapar, toutizo!”, dixen eu ás abaixadas baixiño en voz baixa polo baixo polo baixiño coa lingua pequena coa boca pequena.

NOTAS:

1. As locucións coa lingua pequena e mais coa boca pequena tamén espremen o significado de “con hipocrisía ou falta de sinceridade, ofrecendo ou dicindo algo unicamente por compromiso ou para quedar ben e non pagar nada”, isto é, veñen sendo, entre outras varias, equivalentes ás locucións castelás de boquilla ou de dientes afuera (que veremos no seu día).

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Alonso Estraviz, Isaac: Dicionário Estraviz. Obra en liña, accesible no URL https://estraviz.org/.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta