Crean o Portelo da Devesa, un eucaliptal para convertelo nun bosque de ribeira protexido

Nesta zona de Lousame hai morcegos de ferradura que forman parte do Catálogo galego de especies ameazadas. É a primeira zona a optar ao recoñecemento como Área OECM pola ONU.

Por Galicia Confidencial | Lousame | 27/12/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Fundación Montescola ven de crear en Lousame a Área Conservada do Portelo da Devesa, o primeiro territorio de todo o Estado que opta ao recoñecemento polas Nacións Unidas e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza como Área OECM, sigla en inglés dunha nova categoría de espazos naturais conservados denominada denominada “Outras Medidas Efectivas de Conservación Basadas en Áreas”.

Montescola deu este paso logo de adquirir varias parcelas contiguas para a custodia do territorio, as dúas últimas co apoio da Deputación da Coruña mediante o seu “Programa de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente”. A Área Conservada ten polo momento algo menos dunha hectárea, máis é contigua ao Monte Veciñal de Froxán, xa recoñecido pola ONU en 2017 e irá ampliándose nos próximos meses mediante novas adquisicións.

Toda a zona, que tiña un bosque de ribeira ben conservado, ardeu en 2006 nun gran incendio, inzándose de eucalipto e acacia na última década e media. Mesmo así, a presenza de antigas labores mineiras fai que existan varios refuxios de quirópteros, incluíndo morcegos de ferradura que forman parte do Catálogo galego de especies ameazadas. Nas parcelas adquiridas recementemente existe unha poboación destes morcegos, que agora será protexida.

Nas últimas semanas sucedéronse ademais diversas intervencións para eliminar completamente os eucaliptos e acacias da Área Conservada do Portelo da Devesa, a última na semana pasada en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia. Nos próximos meses continuarase o traballo de restauración ambiental consolidando o rexenerado natural e voltando introducir especies de ribeira.

Aspecto dunha leira tallada de piñeiro entre dúas grandes masas de eucalipto en Candaido, A Fonsagrada
Aspecto dunha leira tallada de piñeiro entre dúas grandes masas de eucalipto en Candaido, A Fonsagrada | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

"Deseucaliptización": candidata a Palabra do Ano 2022

1 Moine

Ia sendo hora de ter umha boa noticia com respeito ao nosso País.