Formoso demanda que os Fondos de Transición se destinen a paliar os efectos da descarbonización

A ministra Teresa Ribera visitou hoxe a cidade herculina.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/01/2022 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, remarcou a necesidade de que os Fondos de Transición se dediquen a paliar os efectos da descarbonización. Fíxoo con motivo da visita da ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, á cidade herculina, e nun encontro no organismo provincial.

Formoso pediu á ministra a colaboración "para facer de Galicia unha referencia na produción de hidróxeno verde", aproveitando "o gran potencial renovable" da comunidade.

Outro dos asuntos abordados foi a Lei de Costas e a súa posible afectación ao sector conserveiro. Respecto diso, Formoso demandou que se priorice no emprego na aplicación do regulamento.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, tras unha reunión na institución provincial. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, tras unha reunión na institución provincial. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta