As áreas sanitarias galegas empezan a vacinar á poboación de 29 a 18 e seguen as repescas

Feijóo anunciou o xoves que a previsión era convocar a unhas 165.000 persoas esta semana para continuar o proceso de vacinación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2022 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

Todas as áreas sanitarias galegas empezaron xa a vacinar este luns coa dose de reforzo fronte á covid-19 ao colectivo de cidadáns de 29 a 18 anos, mentres seguen coas repescas doutros tramos etarios.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciara que esta semana se seguiría avanzando o proceso de inmunización na comunidade para reforzar ata os 18 anos. Aínda que inicialmente apuntou ao martes como data de inicio para este colectivo, este luns todas as áreas citaron xa a persoas desta franxa etaria.

En concreto, Feijóo indicou que a previsión para esta semana, entre persoas de 29 a 18 anos e 'repescados' doutras franxas, era chamar a unhas 165.000 persoas para que recibisen unha nova dose.

A programación das distintas reflicte que xa se iniciou o proceso de inmunización no novo colectivo etario.

PLANIFICACIÓN POR ÁREAS

Así, este luns en Expourense, en xornada de mañá e tarde estaban citadas 2.270 persoas de entre 29 e 18 anos, así como repescas de segunda e terceira dose. No Hospital Público de Valdeorras estaban citados 255 membros do colectivo de 29 a 18, así como repescas da terceira dose; mentres que no Hospital de Verín estaban citados 238 galegos de 29 a 18, ademais das repescas de terceira dose.

No Edificio Administrativo da Xunta en Campolongo (Pontevedra), a área sanitaria informou de que este luns se administrarán un total de 2.290 terceiras doses a galegos de entre 18 e 29 anos. E no recinto de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa, un total de 675.

Nos casos das áreas sanitarias de Ferrol e de Santiago de Compostela tamén arrincou o procedemento, do mesmo xeito que na da Coruña. En ExpoCoruña para este luns hai un total de 4.986 persoas da franxa de 29 a 18 anos convocadas.

E no que respecta á área de Lugo, no Hospital Lucus Augusti hai 1.621 persoas de 29 a 18 citadas para o reforzo fronte á covid-19, 492 no Hospital da Mariña, e 282 no de Monforte. Ao final da semana, entre reforzos para este colectivo e repescas para outras franxas de idade (incluídos nenos de 5 a 11 o mércores pola tarde), a previsión é que se administraron case 17.500 doses nos tres hospitais da provincia.

Finalmente, desde este luns ata o sábado na área viguesa citarase a un total de 32.000 persoas de entre 29 e 18 anos. O domingo dedicarase a repescas dos diferentes grupos etarios (serán citadas 6.000 persoas). En total, a previsión da área é administrar 38.000 dose esta semana.

MÁIS DO 88% DA POBOACIÓN COA PAUTA COMPLETA

O proceso de vacinación contra a covid-19 continúa en Galicia coa administración doutras 21.200 doses, das cales unhas 480 foron para completar pautas, o que eleva ao 88,3 por cento a poboación da Comunidade galega co proceso finalizado.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns no 'Cronómetro de Vacinación' con datos de ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, ascenden a 6.291.596 as doses administradas ata o momento, despois de ser postas 21.250 a xornada pasada.

En canto á vacinación infantil --os datos de Sanidade non separan o grupo etario da poboación pediátrica en proceso de inmunización de 5 a 11 anos--, foron vacinados ata o momento 115.008 menores de 10 a 14 anos, que supoñen tres máis que os rexistrados ata o día anterior; e 83.576 de 5 a 9 anos, cinco máis.

Mozos esperan na Cidade da Cultura o día de arranque da vacinación másiva a menores de 20 anos / Europa Press.  / Europa Press
Mozos esperan na Cidade da Cultura o día de arranque da vacinación másiva a menores de 20 anos / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta