Un roteiro por lugares simbólicos na loita pola lingua para celebrar o 'Día dos Medios en Galego'

A Asociación de Medios en Galego organiza o roteiro 'Compostela e a lingua' baixo a lema 'Bota a Lingua a pacer'.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As máis de 30 cabeceiras que forman parte de AMEGA e os máis de 140 medios que fan comunicación na nosa lingua festexarán un ano máis o 'Día dos Medios en Galego', unha celebración que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada

Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago
Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago | Fonte: USC.

integramente en galego, 'O Tío Marcos d’A Portela', en 1876. A celebración terá lugar en Santiago de Compostela e estará adaptada á situación sanitaria actual.

Malia que o 'Día dos Medios e Galego' celébrase cada 7 de febreiro, trala súa declaración institucional no Parlamento de Galicia, o roteiro que organiza a AMEGA desenvolverase o sábado 5 de febreiro. Durante o percorrido, que estará acompañado polo pasarrúas de

Xulio Maside, iranse realizando paradas en lugares simbólicos na loita polo mantemento

do idioma.

O roteiro sairá ás 11:30 horas da Rúa Nova 34 e fará a súa primeira parada diante da placa dedicada a Roberto Vidal Bolaño, no Salón Teatro. Alí a compañía de teatro 'Os Quinquilláns' representará unha pequena escena dunha das obras do célebre dramaturgo, conmemorando así o vinte aniversario do seu pasamento. Despois, o roteiro continuará na Praza da Universidade, no antigo Restaurante El Asesino, onde o filósofo Antón Baamonde descubrirá a importancia dos faladoiros que había nos locais de hostalería composteláns en tempos de crise. O escritor Bieito Iglesias será o encargado de vincular a relación entre a Universidade de Santiago de Compostela co galego, noutra parada que se realizará na Facultade de Xeografía e Historia.

Haberá tamén unha visita no Colexio de Santo Agostiño, onde a profesora Anxos García

Fonte debullará a relación de Rosalía de Castro coa cidade. Xa na praza de Cervantes, na Zona C, fará un espectáculo poético-musical a carballesa Rosalía Fernández Rial, despois de que representantes das entidades organizadoras e colaboradoras dean unhas palabras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta