Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2022 | Actualizada ás 20:14
O sindicato Comisións Obreiras (CCOO) considera os plans de igualdade unha "ferramenta imprescindible" para "corrixir" a brecha salarial de xénero en Galicia. Nun comunicado, o sindicato puxo como exemplo a situación do sector das conservas de peixe, "onde as mulleres son maioría pero as categorías profesionais que desempeñan están peor pagas que as masculinas e, ademais, os salarios son uns 20% inferiores aos da industria cárnica".
Segundo o estudo elaborado polo sindicato, que se publicou na véspera do Día Internacional da Igualdade Salarial, os principais indicadores laborais e económicos reflicten "unha clara situación de desigualdade das mulleres respecto dos homes". Para corrixir esta situación, insisten en que os plans de igualdade son unha "poderosa" ferramenta, tal e como recoñece a lexislación vixente, "que obriga ás empresas de máis de 50 traballadores a contar cun plan".
O estudo realizado polo sindicato explica que en Galicia hai ao redor de 2.700 empresas obrigadas a contar cun plan de igualdade. A pesar disto, "a inmensa maioría está a incumprir esta obrigación legal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.