O Concello de Santiago iluminarase esta fin de semana coas cores da bandeira de Ucraína

O rexedor da cidade incidiu en que neste conflito "hai agresores e agredidos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2022 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

O Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago, iluminarase durante as noites desta fin de semana coas cores da bandeira de Ucraína "en solidariedade co pobo ucraíno e como mostra de repulsa á agresión rusa".

Así o comunicou o goberno local que encabeza o rexedor do PSOE Xosé Sánchez Bugallo, que incidiu en que neste conflito "hai agresores e agredidos".

"A nosa solidariedade debe estar co pobo de Ucraína", sinalou Bugallo, segundo recolle unha nota do concello da capital galega, cuxo pleno aprobou o pasado xoves por unanimidade unha moción de condena á operación de Rusia en Ucraína.

Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO
Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta