Galicia é a autonomía na que menos crece a facturación da industrial

Incrementouse un 10,8% en febreiro, antes da guerra de Ucraína.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 22/04/2022 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A facturación da industria galega incrementouse un 10,8% no mes de febreiro, en comparación co mesmo mes de 2021, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.  Así, Galicia situouse á cola dos incrementos a nivel estatal, mentres que no total de España de media a facturación da industria subiu un 20,3% no segundo mes deste ano.

No que vai de exercicio (xaneiro e febreiro), os ingresos da industria de Galicia subiron un 14,9%, mentres que a media española foi do 21,1%.

DATOS ESTAIS

A nivel estatal, a cifra de negocios da industria subiu un 20,3% en febreiro respecto ao mesmo mes de 2021, taxa 1,8 puntos inferior á de xaneiro, sempre segundo datos do INE. Co avance interanual de febreiro, a facturación da industria suma 12 meses consecutivos de ascensos tras encadear anteriormente un ano de taxas interanuais negativas pola crise do Covid.

Planta do grupo Stellantis en Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Planta do grupo Stellantis en Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta