Ofensiva contra a "manipulación" de El Mundo

O mundo da cultura en Galicia estase a movilizar para dar resposta a un artigo publicado hoxe por El Mundo e que asegura que o himno galego, aceptado por todos os partidos, "insulta" aos que non saben falar este idioma. Escritores, artistas, actores e xornalistas, entre outros, preparan un manifesto para respostar ao que consideran unha "manipulación". A noticia do diario madrileño rebautiza, ademáis, a Pondal como Gustavo en vez de Eduardo, auténtico nome de quen escribiu o poema 'Os Pinos'.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/08/2007 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

19 Oscar

Moitas grazas por ensinarnos o himno que moitos non queren nin coñecer.

18 anónimo

Os Pinos.

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán

http://www.himnogallego.com/galego....

17 xan pelandrán

"nazionalistas" escríbese con c porque vai antes da "i" e se queres porñelo normativamente usa nazonalistas para poder usar o "z"

hai.. que incultura jaja

16 Juan Español

Que sería de nós, os bos e xenerosos, sen a tropa de nazionalistas que nos tranquiliza. Coa súa inestimable axuda, Galicia será por sempre o que os galegos teñen xa acordado...

15 galiza ceive!

O mellor que nos pode pasar os nacionalistas é que os do "El Mundo" ataquen o noso himno, que todos os galegos, índa os que non teñen sentimentos independentistas, senten como propio. Eses ataques só serven para aumentar máis a brecha entre galiza e castela, por iso penso que o mellor é axudar a que todos os galegos escoiten o que din os "feridos e rudos" da nosa nación e dos seus símbolos. Que seria dos independentistas sen a axuda constante de pedro jota e dos ultracatólicos!